Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Bruno Villamor, primer lucense con titulación superior en música tradicional

Bruno Villamor Gay, converteuse no primeiro lucense que obtén a titulación superior de música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega. O pasado martes día 16 de xuño ofreceu no Auditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música de Vigo o concerto de fin de carreira, no que estivo acompañado polos músicos Miguel Anxo López Buján (tamboril), Pablo Pardo Rodríguez ( bombo), Marisa Dapereira Portela (acordeón) , Miguel Valls (piano) e Juan Barcón Peña (gaita).

Esta titulación é equiparable a unha licenciatura, sumando os cursos de Grao Elemental, Grao Profesional e Grao Superior, ten unha duración de 14 anos. Na actualidade, soamente se pode cursar no Conservatorio Superior de Música de Vigo, sendo necesario para acceder a ela ter acadado o Grao Medio LOXSE de Gaita e ademais realizar unha proba de admisión.

Bruno Villamor iniciou a súa andanza na música tradicional sendo un neno da man de mestres como Enrique Candal e Pepe Vaamonde. Posteriormente continuou os seus estudos alcanzando o título de gaita en Grao Medio LOXSE no Conservatorio Profesional de Vilalba baixo a tutela de Xose Ramón Saborido. Foi entón cando inicia o Grao Superior en Vigo, da man de Rebeca Carrera.

Actualmente, é profesor de Gaita no Conservatorio Profesional de Vilalba, na escola de Música Municipal de Meira e na Tradescola. É director artístico da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo e profesor de Gaita e Percusión Tradicional en diversas asociacións culturais das provincias de Lugo e A Coruña.

É membro fundador do Grupo de Música Tradicional “Os Miñotos” .
Foi integrante do grupo folc “Caldaloba”, co que ten gravado o disco “As Cores da Música”(1999). Ademais ten colaborado en outras gravacións como o CD – Libro – DVD “13 Lúas” editado pola “Asociación de Gaiteiros Galegos”, o CD “Mira como veño” do grupo “Canta Tí”, ou o CD “Raices y Tradiciones” co grupo “Cántigas e Frores” editado pola FEAF.
Ten varias publicacións, estando agora mesmo inmerso no seu derradeiro proxecto, que consistirá na publicación dun Método de Gaita que recibirá o nome de “Temperando” (editorial Dos Acordes) co que o autor pretende aportar un pequeno grao de area na bibliografía para gaita.
B.V.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información