Alberto Rodríguez Díaz, Premio Ourense de Contos 2009
Alberto Rodríguez Díaz, de Ourense, de 27 anos, acadou o Premio Ourense de Contos para a Mocidade que na súa 26ª edición, convocaron a Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, como contribución á festa do Día das Letras Galegas. Pola obra “Sombras para despois de Walpurgis” recibirá 800 euros, ademais de vela publicada. “Edgar é un xoven soñador e inocente que precisa reunir cartos para rodar a súa primeira curtametraxe, titulada Almas mortas. Admira profundamente a estabilidade sentimental do seu mellor amigo, Mario. Mentres tanto, a súa relación cunha bibliotecaria chamada Myrna non pode ir peor, debido esencialmente aos problemas psiquiátricos desta. Ata que un bo día, Edgar coñecerá a Cristalina e a súa vida mudará para sempre... ” esta é a sinopse que fai o propio autor do seu conto.
En 2008, na conmemoración dos 25 anos do certame, a Concellería de Cultura do Concello de Ourense instituíu o Premio Eduardo Blanco Amor, para os estudantes matriculados nos centros de ensino ourensáns, dotado con 500 euros, correspondéndolle nesta segunda edición a Andrés Ocampo Lourido, do Instituto Blanco Amor, polo conto “Belén”
Tamén se publicarán os catro accésit, que recaeron en Noelia García Gómez, da Peroxa (Ourense), polo conto “As Elas”; Miguel Ángel Rodríguez Fervenza, de Moaña (Pontevedra), pola obra “A brigada necrolóxica”; Miguel Segador López, de Ourense, polo conto “O Secretario”; e Aldara Nóvoa Justo, de Ourense, por “Memoria dunha servilleta 2” —este último, dentro do apartado de menores de 18 anos—. Cada un dos catro recibirá 250 euros de premio.
Ao concurso presentáronse vinte e cinco contos de vinteún autores proce¬dentes de toda Galicia. O Xurado estivo composto por Serafín Alonso, Natividade Borrajo, Raquel Feijoo, Marco Valerio Lama, Soedade do Muiño e Benito Losada, como secretario sen voto.
A entrega dos premio farase no mes de xuño, na próxima Feira do Libro, que terá lugar en Ourense. A excepción do Premio Blanco Amor que se entregará en decembro nos actos que se organizan na cidade en lembranza e homenaxe do autor de “A Esmorga”.
Alberto Rodríguez Díaz. Ourense,1982
Licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo. Funcionario traballando na Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa. Participa semanalmente nunha tertulia cinematográfica na Radio Municipal de Allariz, “Banda Aparte” e escribe sobre cinema no blog “Autofocus”. Levou o Premio literario Ánxel Casal, en Santiago de Compostela, no ano 1999, o 3º premio no certame mundanal de contos ultralixeiros en Chantada, no ano 2002, o Premio literario da Universidade de Vigo, na modalidade de conto (2005) ou, máis recentemente, este mesmo ano e aínda sen entregar, o premio Manuel Oreste Rodríguez, na modalidade de conto, organizado polo concello d Paradela (Lugo). Neste Certame xa obtivera un accésit no ano 2000, polo seu traballo "Caeu a noite".

Benito Losada (Casa da Xuventude de Ourense)