Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A poesía de Celanova viaxa a Rumanía da man de José María Paz Gago

O escritor José María Paz Gago presenta no Festival de Poesía Lucien Blaga de Alba Iulia (Transilvania), o Festival de Poesía máis importante de Rumanía, a traducción romanesa do seu “Manual para enamorar princesas” (Manual pentru îndrǎgostirea prinţeselor), traducido por Christian Tamas e editado por Ars Longa (Iasi, Rumanía). Ademais, o libro acadou un dos Premios do Festival, que lle será entregado mañá.

José María Paz Gago é un dos escritores nacidos en Celanova que actualmente está a publicar tanto poesía coma traballos de investigación no ámbito da literatura comparada. Fai menos dun mes presentou en Celanova a antoloxía bilingüe ruso-galega de Manuel Curros Enríquez, da que realizou o prólogo como membro desta Fundación. O Manual para enamorar princesas, que agora presenta traducido ao romanés, é un poemario que editou en 2005 e do que se adxunta unha imaxe da súa presentación na Casa dos Poetas.

José María Paz Gago (Celanova, 1966) é catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade da Coruña. É Presidente da Asociación española de Semiótica e Secretario Xeral da Internacional Association for Semiotic Studies. Autor dunha decena libros entre os que destacan: La estilítica (Madrid, 1993), Semiótica del Quijote (Amsterdam, 1995) e La recepción del poema. Pragmática del texto poético (Kassel, 1999). Como poeta, publicou Manual para enamorar princesas (Madrid, 2005) e obtivo os seguintes premios: Premio Pérez Lugin 2002, Premio de composición “Cantata Torre de Hércules” 2003 e o Primeiro Premio nos Xogos Florais da Coruña en 2004.
Fundación Curros Enríquez

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información