Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Historiadores europeos e americanos asisten ao II Coloquio de Estudos Latinoamericanos

Historiadores europeos e americanos asisten na USC ao II Coloquio Internacional de Estudos Latinoamericanos Sobre a conservación da memoria no Salvador contemporáneo falarán, entre outros, o ex guerrilleiro Jorge Juarez e expertos vinculados ao FMLN.

Especialistas do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas Gumersindo Busto (CIEAM) da USC e do Instituto de Estudos Históricos, Antropolóxicos e Arqueolóxicos da Universidade Nacional de El Salvador reúnense esta semana en Compostela para reflexionar sobre a conservación da memoria nas sociedades contemporáneas, e concretamente no Salvador. Entre os días 6 e 8 de maio no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, e coordinado polos profesores da USC Eduardo Rey e Pilar Cagiao, o coloquio será punto de encontro de prestixiosos especialistas que analizarán a historia recente do país americano, que sufriu longas ditaduras militares (1932-1979) que deron pé nos setenta a un conflito socio-político aberto e crecente e que concluíu desde comezos dos oitenta ata 1992 na guerra civil máis importante e sanguenta do continente en todo o século. Destaca neste senso, e entre outros, a participación do ex guerrilleiro Jorge Juarez e de Pablo Benítez, da Universidade de El Salvador, persoa vinculada ao FMLN que acaba de gañar as eleccións. No II Coloquio Internacional de Estudos Latinoamericanos ‘Conservando a memoria. Historia e política en El Salvador contemporáneo’ analizarase así mesmo como a experiencia sobre memoria histórica desenvolvida nos últimos anos en Galicia pode servir de referencia para outras institucións e ámbitos xeográficos que sufriron procesos traumáticos no seu pasado recente. Programa O encontro inaugurarase ás 10:00 horas cunha conferencia do catedrático da USC Lourenzo Fernández Prieto titulada ‘Conservación e esquecemento dos pasados incómodos nas sociedades contemporáneas’. A continuación intervirán Ricardo Argueta, Jorge Juárez e Pablo Benítez nun debate sobre a memoria política recente en El Salvador. Argueta, que dirixe o Instituto de Estudios Históricos, Arqueolóxicos e Antropológicos da Universidade de El Salvador, é especialista no movemento estudantil salvadoreño no século XX. Pola súa banda, o investigador Pablo Benítez é o coordinador da Cátedra Libre Roque Dalton, un espazo universitario de discusión crítica e debate académico, labor que compaxina coa colaboración en varias revistas culturais. Na mesma liña, Jorge Juárez ten participado en numerosas investigacións sobre a historia de El Salvador, onde militou no FMLN durante o conflito armado. Rematará a sesión da maá deste mércores coa intervención de Israel Sanmartín Barros, da Escola de Altos Estudos en Ciencias Sociais de París, sobre historiografía e memoria. Xa os traballos da memoria centrarán os relatorios de Xurxo Pantaleón, do Proxecto ‘As vítimas, os nomes, as voces e os lugares’ da USC; de Víctor Santidrian, da Fundación 10 de Marzo; de Isaura Varela González, profesora da USC e directora do Proxecto Historga (Historia Oral de Galicia); e de Georgina Hernández, do Museo da Palabra e a Imaxe do Salvador e experta en memoria histórica, antropoloxía visual, identidade, etnicidade e dereitos dos pobos indíxenas. Os días seguintes desenvolveranse outros relatorios que profundarán no convulso século XX salvadoreño e tentarán reflexionar sobre o presente e futuro do país americano.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información