A Adega Rosalía de Castro celebra o Día do Libro

Para festexar o Día Internacional do Libro o próximo 23 de abril todos aqueles que se acheguen ás librerías adheridas a esta orixinal iniciaiva e adquiran libros por un importe superior a 25 € serán obsequiados cunha botella de viño albariño Rosalía de Castro e un marcapáxinas promocional.
Deste xeito a adega de Rías Baixas Rosalía de Castro quere colaborar na promoción e divulgación do placer da lectura xunto a máis de 30 librerías galegas que se suman a esta curiosa unión de viño e literatura. Algunhas solicitaron expresamente poder integrarse na proposta da adega, incluíndo as botellas deste viño tan literario nome como parte da decoración dos seus escaparates especialmente diseñados para este día.
Rosalía de Castro repite a iniciativa que resultou un éxito rotundo o pasado ano cando se repartiron centos de botellas entre os lectores galegos. Do mesmo xeito que os cataláns agasallan os seus seres queridos cunha rosa e un libro en Sant Jordi, a adega, que toma o seu nome da gran dama da literatura galega, propón a unión do viño e libros como unha forma orixinal de celebrar esta festa cultural e fomentar así o hábito da lectura.
As librerías que se sumaron a esta iniciativa son máis de 30, repartidas entre as cidades de A Coruña (Fnac, Casa del Libro, Couceiro Librerías, Librería Formatos, Librería Arenas, Librería Sisargas, Librería Xiada); Padrón (Librería Sar); Vilagarcía (Librería Nobel); Pontevedra ( La Pipa de la Plata, Librería Baroja, Librería El Pueblo, Librería Paz, Michelena); Santiago (Encontros, Librería Abrazas, Librería Follas Novas, Librería Fonseca, Universitas); Ferrol (Central Librera); Lugo (Librería Souto); Ourense ( Librería Stylo, Librería Nobel) y Vigo (Casa del Libro, Librouro, A Libroteca, Andel do Libro Galego e Portugués, Librería Gran Vía Nobel, Librería Versus).
Elvira Furelos Ferreirós (Marketing & Public Relations de Adega Rosalía de Castro)