Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Alonso Montero clausura as xornadas sobre Ramón Piñeiro na Galicia do S. XX

O catedrático de literatura galega e membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, clausura as xornadas “Ramón Piñeiro na Galicia do século XX” organizadas pola Fundación Carlos Casares coa colaboración da Deputación e que se desenvolveron desde o pasado luns no Pazo de San Marcos.

A reivindicación da cultura galega por parte de Piñeiro, ó que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas, será analizada por Alonso Montero na súa intervención. Pero, ademais, durante tres días, outros destacados representantes da culta galega abordaron diversos aspectos da extensa e polifacética traxectora de Ramón Piñeiro, como a editoral, a ensaística ou a política.

Recepción a Fernández Albor

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu a outro dos conferenciantes nesta última xornadas, o ex Presidente da Xunta de Galicia, Gerardo Fernández Albor, que falará sobre a súa relación persoal con Ramón Piñeiro, que foi o que o animou a entrar en política no incio da transición democrática.

Fernández Albor, que presidiu o Goberno Galego desde o 22 de enero de 1982 ata o 23 de septembro de 1987, formou parte, xunto a Piñeiro, da Xeración Galaxia e coincidíu con destacados personaxes da intelecutalidade galega do momento como Domingo García Sabell, Francisco Fernández del Riego ou Xaime Isla. Firme defensor da cultura galega, Albor participou en importantes institucións como o Padroado Rosalía de Castro, a Fundación Otero Pedrayo, o Instituto da Lingua Galega e do Museo do Pobo Galego.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información