O secretario xeral de Relacións Exteriores aposta pola convivencia pacífica e integradora do galego e do castelán
O secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio Fernández Mato, participou na cea de benvida ofrecida pola Fundación Galicia Europa con motivo do Seminario Linguas Románicas. Tradución, multilingüísmo e construción europea. No decurso da súa intervención, Fernández Mato apostou “pola convivencia pacífica e integradora do galego e castelán como linguas oficiais de Galicia” e defendeu o potencial do galego no ámbito lusófono. No acto participaron ademais o director xeral de Tradución da Comisión Europea, Karl-Johan Lönnroth, e a secretaria xeral de política Lingüística da Xunta de Galicia, María Sol López Martínez.
Na súa intervención, o secretario xeral de Relacións Exteriores lamentou que “nestes últimos tempos estease a alterar o consenso lingüístico acadado coa Lei de Normalización de 1983 e co Plan de Normalización de 2004”. Doutra banda, Fernández Mato sinalou “a importancia do labor feito desde o actual Goberno da Xunta de Galicia para impulsar a lingua galega, nunca en detrimento do castelán”. Segundo manifestou Fernández Mato, “a Xunta de Galicia promoveu o coñecemento do galego no exterior e o seu uso nas institucións europeas como o Comité das Rexións, entre outras”. Nesta mesma liña destacou “a oportunidade que supón o coñecemento do galego nas relacións co ámbito lusófono”. “A oportunidade que temos os galegos de entendernos, usando o idioma galego, cos falantes de lingua portuguesa confire ao espazo lusófono un dos ámbitos máis interesantes para a difusión exterior da nosa lingua e literatura”, sinalou o secretario xeral.
Fernández Mato defendeu tamén que o obxectivo do Goberno galego foi “formar cidadáns abertos e capaces en dúas linguas e non que teñan que escoller a lingua na que formarse” Isto último, en opinión do secretario xeral, “resta capacidades e pode provocar fracturas sociais e discriminación”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia