A Xunta inviste 945.000 euros no fomento do sector artesanal galego
A Consellaría de Innovación e Industria publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas de fomento ao sector artesanal galego para o ano 2009, nas que incrementa o investimento de anos anteriores ata chegar a un total de 945.000 euros. As subvencións están dirixidas a obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia – e para aqueles que se vaian inscribir antes do 15 de setembro de 2009 – e mais a asociacións profesionais de artesáns. En ambos os dous casos, a documentación para realizar as solicitudes deberase obter e cubrir a través da Oficina virtual da web www.conselleriaiei.org ou ben no enderezo www.xunta.es/presentacion-electronica. A presentación de solicitudes poderase realizar na modalidade presencial ou na telemática, a través do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, ata o vindeiro 18 de marzo.
As actuacións e os gastos que subvencionará a Consellaría son: Obras nos locais produtivos, no caso dos obradoiros, ou asociativos, no caso das asociacións: nova construción ou reforma; proxectos de innovación no proceso produtivo a través de adquisición de equipos; divulgación e promoción de produtos artesanais: identidade corporativa, páxinas web ou deseño de embalaxes e de envases para os produtos artesáns; participación como expositor con caseta propia en feiras de carácter profesional e en programas formativos de especialización profesional; accións encamiñadas á incorporación do deseño ás novas do produto e a contratación en prácticas de traballadores desempregados e altas na Seguridade Social de novos artesáns.
A Consellaría de Innovación e Industria inviste 820.000 nas ordes de axuda dirixidas a obradoiros artesáns co obxectivo de potenciar a modernización dos xa existentes e a creación doutros novos, a introdución das novas tecnoloxías, a formación especializada, a incorporación de novos traballadores e mais a fomentar a divulgación dos produtos e a participación dos artesáns como expositores en certames profesionais. Este ano, incrementa tamén a porcentaxe máxima de axuda, que poderá chegar ata o 60 por centro do investimento.
No tocante ás subvencións dirixidas ás asociacións profesionais, Innovación e Industria destinará un total de 125.000 euros para o fomento do tecido asociativo do sector, que poderán acadar ata o 70 por cento.
Entre os criterios de valoración para a concesión das axudas atópanse a capacidade de xerar actividade económica na empresa, a mellora da divulgación e da promoción das producións artesanais e mais o acceso a novos mercados ou a pertenza a algunha asociación profesional. Nas dúas ordes de axuda, terán especial consideración aquelas actividades relacionadas co desenvolvemento, co fomento ou coa potenciación de actividades tradicionais coma os tecidos en baixo lizo, a produción de zocos e de zocas, a tonelaría, a selaría, a albardaría, a olaría, a forxa, a follalataría, a caldeiraría, o afiado, a cestaría, os labores de palla ou a carpintaría de ribeira.
Ademais destas ordes de axuda, este ano incrementáronse considerablemente as accións da Consellaría para o sector que realiza a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, cuxos orzamentos se incrementaron este ano nun 5,99%. Entre elas atópanse accións en materia de promoción, de información e de divulgación, nas que destaca a organización da primeira edición da feira profesional de artesanía MOA, que se celebrará na Coruña entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo. O programa de actuacións da Consellaría para o sector artesanal neste ano 2009 ascende a un total de 3.931.000 euros.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia