Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentación do Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Tradicionais

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, presentou a xornada “Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares e Tradicionais” que terá lugar o próximo domingo 8 de febreiro no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela e na que se presentará o estudo “A realidade dos xogos e deportes populares e tradicionais nos concellos galegos”. Ao acto tamén asistiron Constantino Arce, coordinador do estudo, e Rosa Muñíz, representante da cooperativa Cidadanía que realizou o deseño do Plan Estratéxico.

Durante a rolda de prensa, a directora xeral explicou que este estudo ten como obxectivo “dar a coñecer a todo o país o noso deporte tradicional, así como dinamizar e posibilitar a súa transmisión a todas e todos os galegos”.

Asemade, Marta Souto agradeceu a todos os clubs galegos que se implicaron na difusión e dinamización dos deportes populares e tradicionais galegos e, ademais, recordou o “éxito” que tivo a posta en marcha da liga nacional de billarda, as ligas galegas de chave e traíñas ou o campionato de bolos e outras modalidades.

Pola súa parte, Constantino Arce, que recoñeceu que este estudo é “pioneiro” no noso país, desvelou que “durante a xornada do 8 de febreiro se presentarán os datos referidos á situación dos xogos e deportes populares e tradicionais en Galicia xa que mostran conclusións moi significativas relativas a diferentes aspectos”. Uns resultados que Arce non dubidou en asegurar que se convertirán nunha “boa ferramenta” para que os axentes políticos e sociais asuman “a elaboración do Plan como algo propio de cara a garantir a súa sostibilidade e continuidade”.

Finalmente, Rosa Muñíz destacou que “este Plan Estratéxico responde a necesidade de contar cunha ferramenta útil dende o ámbito cultural, deportivo e económico para poñer en valor o traballo que moitas federacións están facendo a prol do Deporte Tradicional Galego por todo o país”. “É importante lograr a implicación das persoas participantes na xornada e xerar unha rede de intercambio e coñecemento, procurando a participación e implicación social das diferentes entidades públicas e privadas de Galicia”, incidiu Muñíz.

A xornada comezará as 10:15 coa presentación das liñas estratéxicas para o fomento dos xogos e os deportes populares e tradicionais en Galicia (infraestruturas e actividades de promoción) e, posteriormente, realizarase a presentación dos resultados do estudo “A realidade dos xogos e deportes populares e tradicionais nos concellos galegos”.
Gabinete de Comunicación da Dirección Xeral para o Deporte de la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información