Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Fernando Villapol exhibe en Lugo Conversas co Reabsu

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, inaugurou na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos a mostra Conversas co Reabsu do artista asturiano Fernando Villapol. O realismo, a abstracción e o surrealismo definen case a totalidade da súa produción artística. Ademais, xogando cos nomes destes tres movementos artísticos, o autor constrúe o acrónimo Reabsu, título desta exposición e dalgunhas das súas obras máis coñecidas.

Nesta ocasión, o creador asturiano afincado en Bretoña (Lugo) achega un total de 26 esculturas das que 3 están elaboradas en granito e metal, 10 tan só en granito, 11 en mármore, 1 en castiñeiro policromado e 1 en pedra segoviana. Case a totalidade destas esculturas son o resultado das investigacións realizadas polo artista nas súas viaxes por Europa, América ou África. Como é lóxico, o ámbito sociocultural que o rodea define tamén en boa medida a súa produción artística.

A exposición Conversas co Reabsu permanecerá na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo ata o vindeiro día 18 de xaneiro de 2009. Os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro a sala permanece pechada.

A traxectoria artística de Fernando Villapol defínese polo didactismo sendo un autor que se creou a si mesmo; estivo vencellado desde un inicio ás terras de Bretoña dándolles unha visión cosmopolita e poñendo no mapa do Estado español e do mundo un país coma o galego por medio da súa obra.

Fernando Villapol (San Tirso de Abres, Asturias, 1953), escultor autodidacta e vangardista, é o fundador-propietario do Museo Pedagóxico e Etnográfico Villapol de Bretoña (Lugo). Actualmente compaxina o seu labor artístico co de colaborador habitual en varios medios de comunicación e, ocasionalmente, coa de crítico de arte.
Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información