Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A música do Nadal chega á Tradescola

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, que recentemente abriu as súas portas en Lugo, dedicou o seu primeiro monográfico sobre música tradicional aos Cantos de Nadal que tivo lugar no salón de actos do Centro Residencial Xuvenil Lug II.

Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis, foron a desculpa perfecta para pasar unha xornada de alegría, de acompañamento, de ilusión, para o numeroso público que asistiu o primeiro Monográfico que realiza a Tradescola . Para realizar esta xornada, na que se amosaron os distintos cantares e tradicións do Nadal en Galiza, contouse coa presenza de Mini e Mero, que estiveron acompañados polo gaiteiro Raul Galego.

Xosé Luis Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarrio son os nomes de pía de Mini e Mero, lucenses da Terra Chá, dabondo coñecidos no eido da música galega. Son mestres no rural, cofundadores de “Fuxan os Ventos”, fundadores de “A Quenlla”, musicólogos, intérpretes, autores de libros como “Contos de Vellos para nenos”, “Somos Lenda Viva”, etc. Ademais diso atoparon tempo para a recolla de música tradicional e da sabedoría popular da xente do rural. Ou como din eles “Non só para recollela, coidala e conservala, senón tamén para transmitila, espallala e devolvérllela ao pobo”.

Raul Galego inicia a súa traxectoria musical alá polos anos 70, e dende entón formou parte dunhas trinta agrupacións folclóricas. Veu impartindo clases como profesor de gaita, percusión e música galega dende 1973 e cómpre destacar, así mesmo, as súas conferencias e charlas didácticas impartidas, destacando a labor realizada xunto a Mini e Mero dende hai xa 15 anos.
Mónica Fernández Fernández (coordinadora da Tradescola)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información