Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Lois Celeiro achegou o Camiño de Santiago a Arxentina

O Camiño de Santiago foi o tema central de dúas conferencias que o xefe do Gabinete de Comunicación e profesor da USC, Lois Celeiro, pronunciou en Bos Aires, unha delas dirixida aos máis pequenos, estudantes do Colexio galego-arxentino ‘Santiago Apostol’ que rexenta a Fundación Galicia-América e que puxo en marcha grazas á colaboración dos emigrantes galegos e da Xunta de Galicia.

Celeiro, que ofreceu un relatorio sobre ‘O Camiño de Santiago como espazo de comunicación”, destacou o papel dos medios de comunicación en Galicia e a súa contribución ao desenvolvemento cultural do país, e referiuse tamén á Universidade de Santiago como un motor para o emprendemento e como “a grande creadora e transmisora de coñecemento” .

O Camiño ou os Camiños de Santiago son, segundo Lois Celeiro, espazos de comunicación que contribúen ás relacións entre as xentes, as culturas e os pobos, cunha dimensión internacional e cunha alta capacidade de unión e de transmisión de diferentes culturas e pareceres. Na súa opinión, o Camiño de Santiago é unha canle de comunicación “permanente”, con interlocutores múltiples e coa interactividade como principio intrínseco.

Participando nun programa de divulgación do Xacobeo, dos Camiños de Santiago e de Galicia posto en marcha pola Asociacións de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago, Celeiro pronunciou outra conferencia no Centro Galicia de Bos Aires, tamén sobre temática xacobea. No salón de actos da Institución que preside Héctor Fernández, ateigado de público, o xornalista presentou os oito camiños de Santiago de Galicia e aludiu ao Xacobeo como un plan de desenvolvemento cultural e económico de Galicia.

Puxo ademais o punto de mira en 2010, que será novamente Ano Santo e que “esixe á sociedade civil, conxuntamente coas autoridades políticas, económicas, culturais e eclesiásticas, repensar o camiño a seguir, para adaptarse e responder con éxito ás esixencias dos novos tempos, que xa se ven distintos”.
Gabinete de Comunicación da USC

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información