Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Convocado o II Concurso de Debuxos e Contos Navideños do Concello de Begonte

BASES

1. PARTICIPANTES

Poderá participar calquera neno/a interesado/a dos seguintes niveis educativos:
- educación infantil
- educación primaria
- ensinanza secundaria obrigatoria

2. REQUISITOS

Debuxo Navideño. Cada concursante presentará un único traballo con técnica libre, en formato DIN-A4, sobre fóleo ou cartulina, e admitiranse tódalas técnicas gráficas (lápiz, ceras, témperas, acuarelas, rotuladores, etc.).
Conto Navideño. Cada concursante presentará un único traballo cunha extensión máxima de 3 folios por unha cara e mínima de 1 folio.
O/A participante indicará no reverso do traballo o nome do/a autor/a, o curso e o centro ao que pertence.
Deberán ser obras orixinais e non haber sido presentadas a ningún outro concurso con anterioridade.

3. CATEGORÍAS

Establécense 3 categorías:
A- De 3 a 6 anos
B- De 7 a 12 anos
C- De 13 a 18 anos

4. PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS

Os traballos serán entregados no propio centro do/a alumno/a con anterioridade ao 22 de decembro.

5. COMISIÓN DE VALORACIÓN:

A Comisión encargada de valorar e decidir sobre os traballos premiados estará constituída por un/unha representante de cada un dos grupos políticos da corporación municipal, un/unha representante do CEIP de Begonte, un/unha representante do CEIP de Baamonde, e dúas recoñecidas persoas da zona do ámbito da pintura e das letras.

6. CRITERIOS DE VALORACIÓN DA COMISIÓN

A Comisión á hora de valorar terá en conta os seguintes criterios
• Orixinalidade da idea
• Adaptación da técnica á idade do autor
• Calidade técnica do traballo

7. FALLO DA COMISIÓN.

A Comisión, constituída ao efecto, elexirá tres traballos por cada categoría para Primeiro Premio, Segundo Premio e Terceiro Premio.
O fallo da Comisión será inapelable, farase público e notificarase aos gañadores.

8. PREMIOS

Os premios consistirán en material didáctico valorado nos seguintes importes:
Categoría 1º Premio 2º Premio 3º Premio
De 3 a 6 anos 70 40 30
De 7 a 12 anos 70 40 30
De 13 a 18 anos 90 60 50

O acto de entrega dos premios terá lugar na Casa de Cultura de Begonte, onde tamén se expoñerán os traballos presentados.

9. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación nesta convocatoria supón a aceptación das presentes bases, que poderán ser interpretadas pola Comisión avaliadora naqueles aspectos non previstos nas mesmas.

10. CESIÓN DE DEREITOS DE AUTOR

O concello de Begonte adquire os dereitos de reprodución, explotación e exposición das obras que se presentan. Non obstante, comprométese a devolver os traballos non premiados a petición do interesado.
Os traballos poderán ser retirados no concello a partir do 1 de febreiro de 2009.


Concello de Begonte

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información