Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Veciños de Arzúa preparan unha homenaxe á cantante e presentadora Ana Kiro

Unha comisión de veciños de Arzúa está a preparar, para o domingo 30 de novembro, a que pretende ser unha grande homenaxe á cantante Ana Kiro, natural da parroquia da Castañeda, e dende hai anos, Filla Predilecta do municipio. Trátase dun xantar de confraternidade que se vai celebrar no Recinto Feiral “Terra do Queixo” (Multiusos), ás 13:00 horas. Deste xeito, quérese deixar constancia do recoñecemento da súa vila natal a unha muller que é unha das mellores embaixadoras de Arzúa, posto que sempre fixo gala do seu concello e localidades de orixe, levando o nome da vila por medio mundo.

As entradas para poder asistir ó xantar pódense mercar en tódolos bares de Arzúa e na librería Picariños. Teñen un prezo de 28€; parte desa cantidade vai destinada a sufragar os agasallos que serán entregados a Ana Kiro no transcurso desa comida. Para os que non se poidan achegar a mercalas, xa que dita homenaxe está aberta a todo aquel que queira participar, a organización habilitou unha conta en Caixa Galicia, onde tamén se poden reservar eses pases, ademáis de no número de teléfono e fax 981 500 069. O número de conta é o 2091 0369 91 3040037621.

Ademais da presenza de Ana Kiro, está previsto que moitos personaxes amigos e compañeiros da artista a acompañen nesa data. A isto hai que sumar a colaboración de numerosas entidades culturais de Arzúa, que amenizarán a xornada coas súas interpretacións. O obxectivo é acompañar á artista na súa recuperación e facerlle sentir o calor dun pobo que lle está agradecido por todo o que representa a carreira desta muller.
Maria del Carmen López, Anxo Valiño e Regina Castro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información