Cinco mostras chegan ao Museo Provincial de Lugo en novembro

Neste mes contaremos con contadoras de historias como María Inés Cuadrado que se achegou ao museo a primeira fin de semana de novembro e Fátima Fernández que lles dará vida aos seus contos o día 8 de novembro. Os títeres tomarán vida no Museo o día 15 da man da Compañía do Teatro do Liló coa obra a Lampadiña de Cristal. A música de man de Antón Castro e do seu espectáculo de Contar e cantar encherá as salas do provincial o día 23 rematando coa música o día 30 co percorrido musical de diferentes épocas contado a través dunha fermosa historia co que nos deleitarán Devagariño coa música. Dentro das 75 festas tamén poderemos ver diferentes documentais de divulgación científica para nenos e nenas.
Bao informou da inauguración, neste mes, de varias exposicións na salas dependentes do museo de Lugo. A primeira delas será inaugurada o día 4 de novembro, unha mostra da artista Estefanía Novos, esta exposición que leva por título “A casa de Heno” estará aberta ata o día o 23 de novembro na sala de exposicións da Deputación provincial. Outra das exposicións que se inaugurará neste mes de setembro será unha mostra do artista Diego Casado. A mostra que leva por título “A poética do baleiro” estará aberta, no museo provincial dende o 20 de novembro ata o 2o de decembro. O 7 de novembro inaugurase, unha mostra do artista Bernardo Tejeda, que baixo o título Os Santos. 13 epígonos poderá verse até o 28 de novembro. Do 14 ao 28 de novembro poderemos desfrutar da obra do lucense Ángel González Doreste. A última das exposicións que acollerá a sala de exposicións da Deputación achegará aos visitantes dun xeito diferente de achegamento ao álbum ilustrado, a mostra da editorial OQO “Novas formas de mirar o álbum ilustrado”que nos achegará ao libro como un obxecto artístico que ten perspectiva tridimensional.
LÁMINAS DO CARTAFOL E PROXECCIÓNS CONTRA O MURO
Como ven acontecendo dende o comenzo da celebración do 75º aniversario do museo todos os días 10 de cada mes está programada a actividade CONTRA O MURO, de 20:00 a 24:00 horas, proxéctanse nas fachadas exteriores do Museo Provincial imaxes das pezas do propio museo. Esta actividade é unha máis das programadas para facer do museo un museo vivo e achegalo á cidadanía.
Coa finalidade de completar as 75 láminas que encherán a finais deste ano o Cartafol do Museo, cada cinco días, entregase unha lámina cunha imaxe dun peza ou estancia do museo. Esta lámina entregase, de xeito gratuíto, a carón da figura ou estancia que aparece reflexada na lámina. Entregaranse durante o mes de novembro 6 láminas con pequenos bocexos de pezas existentes no museo provincial de Lugo.
Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo)