Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A USC incorpora aos seus fondos a biblioteca do profesor alemán Walter Haug

Preto de 8.000 volumes científicos sobre épica, novela, narrativa breve, mística e orientalismo pasarán a formar parte dos fondos da Universidade de Santiago grazas ao legado póstumo do profesor Walter Haug, catedrático de literatura alemá medieval da Universidade de Tübingen e premio Leibniz da República Federal de Alemaña, finado en xaneiro deste ano. A entrega simbólica da biblioteca presidiuna en San Xerome o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, e nela interviñeron tamén o profesor Víctor Millet e o fillo do catedrático alemán, Andreas Haug, para quen a biblioteca do seu pai, parafraseando a Borges, “atopou xa aquí o seu paraíso”.

Walter Haug, considerado unanimemente un dos máis importantes estudosos da materia na segunda metade do século XX, mantivo especial relación coa USC a través do profesor Victor Millet, especialista en literatura medieval alemá e discípulo seu en Tübingen. Dende a chegada de Millet á USC, Haug visitou a institución compostelá en tres ocasións, sempre para dar apoio ás iniciativas que avogaban por instaurar os estudos da literatura alemá premoderna como rama científica.

Ademais de cubrir importantes ocos nos fondos e mellorar as investigacións que se están a facer na USC, a doazón “confírelle unha importante proxección á institución compostelá e ao campo dos estudos medievais da área de Filoloxía Alemá”, que lle permitirá, segundo manifestou Millet, “gañar atractivo” para estudantes e investigadores de toda Europa. “A mellor maneira de agradecer o legado é aproveitar esta oportunidade para consolidar na USC estes estudos”, engadiu.

Walter Haug

Nado en Suíza en 1927, Walter Haug foi catedrático de literatura medieval alemá nas Uni¬versidades de Regensburg entre 1967 e 1972 e de Tübingen dende 1972 a 1994. Os seus traballos sobre todos os grandes xéneros da literatura medieval tiveron transcendencia internacional, debatéronse nos foros máis importantes e influíron na investi¬gación de xeito moi notable.

Dende 1973 a 1979 presidiu unha das asociacións internacionais máis importantes da área, a Wolfram-Gesellschaft. En 1987 acadou, xunto co seu colega Burghart Wachinger, o Leibniz, que equivale ao Premio Nacional de Investigación, con cuxos fondos levouse a cabo durante cinco anos un proxecto de investigación que converteu Tübingen nun centro internacional de estudos medievalistas.

Foi ademais editor dunha das revistas máis prestixiosas da filoloxía alemá, a Deutsche Vierteljahrsschrift für Literaturwissenschaft und Geistesgeschichte, entre 1987 e 2006 e editor de diversas coleccións editoriais altamente recoñecidas. Pertenceu aos círculos ‘Poetik und Hermeneutik’ (xunto con Hans-Robert Jauss, Rainer Warning, Hans Blumenberg ou Odo Marquard) e ‘Éranos’ (do que foron membros tamén Carl Gustav Jung, Mircea Elíade ou George Steiner). Dende 1992 foi membro correspondente da Academia das Ciencias de Göttingen e da Real Academia Neerlandesa das Ciencias, ademais de membro de número da Academia das Ciencias de Heidelberg.

Noa Díaz (Gabinete de Comunicación da USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información