Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Inauguradas as xornadas sobre o futuro da industria da comunicación

O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, destacou que as xornadas promovidas polo Club Internacional de Prensa baixo o título O futuro da industria da comunicación pretenden “unha viaxe suxestiva polo universo da comunicación”. Así o salientou no acto de inauguración das xornadas no que estivo acompañado pola directora do Club de Prensa, Carmen Carballo e o catedrático da UCM e colaborador no evento, Timoteo Álvarez.

Na súa intervención, o secretario xeral de Comunicación explicou que tanto as empresas como institucións de todo tipo empregan a comunicación para fixar e consolidar os seus valores propios, así como para facer as súas mensaxes accesibles e cribles. Igualmente, citou, “todos sabemos que facendo unha axeitada xestión da comunicación, as corporacións poden incrementar a súa influencia sobre públicos internos e externos e mobilizar sobre os actuais e potencias clientes”.

Fernando Salgado valorou a importancia da comunicación por terse convertido nunha poderosa industria situada entre as dez primeiras dos países occidentais e que move máis do 3% do PIB de todos eles. Trátase, explicou, “dunha industria nun acelerado proceso de transformación debido aos cambios que sufrirá a súa estrutura, tanto de negocio como de acción e influencia social”.

A comunicación, factor clave da competitividade

Así, destacou, na comunicación empresarial a comunicación eríxese como factor clave de competitividade, tanto como o prezo ou a calidade. Fernando Salgado subliñou que a comunicación “se ten transformado nunha rede onde os grandes grupos mediáticos atopan competidores noutros grupos pero tamén en actores que proceden doutros ámbitos” como operadores de telefonía, fabricantes e xestores de contidos, gobernos ou axentes públicos interesados no mercado de usuarios finais de ocio, de información, consumo e comunicacións.

Así, Fernando Salgado destacou que as xornadas do CIP pretenden reflexionar sobre os ámbitos nos que a comunicación se move, evoluciona e transforma, a saber, a política, as tecnoloxías, a opinión pública, o mercado e estrutura propia do sector e a súa evolución. Intentarase a través deste ciclo, abundou, prever cómo evolucionarán as relacións entre políticos (gobernos e institucións) e medios en Europa, EEUU e América Latina.

A iniciativa do CIP constitúe, en palabras de Fernando Salgado, “unha ambiciosa” proposta que pretende analizar cómo é posible crear opinión e espazos sociais á marxe ou en contra dos medios, cómo moverse dentro da converxencia ou nos seus límites, entre os novos modelos de financiamento, ou cómo optimizar as nosas capacidades no uso e prácticas coas novas ferramentas da comunicación nunha sociedade de masas.

Ferramenta dos obxectivos estratéxicos

Así, “cremos que hoxe presentamos un programa ambicioso e audaz e de utilidade, destinado a todos aqueles que utilicen a comunicación como ferramenta dos seus obxectivos estratéxicos”, indicou. Unha xornada que nos permitirá levar a cabo unha previsión sobre a relación que existe entre o poder político e os medios de comunicación.

A xornada inaugurada hoxe polo secretario xeral de Comunicación conta con 8 sesións que se desenvolverán ata o mes de decembro en Santiago. A directora do Club Internacional de Prensa destacou a gran acollida da iniciativa que xa conta con 160 inscritos.

Tras a inauguración da xornada comezou a primeira conferencia do ciclo: Medios e poder, a cargo do asesor do primeiro Ministro de Portugal, Joâo de Almeida Santos. Séguelle na palabra o profesor, escritor e xornalista francés Salim Lamrani, experto nas relacións de Cuba e EEUU, quen achegará a súa visión do tema no actual contexto cubano. Ambos os conferenciantes serán presentados por José Luis Vilela, director de La Voz de Galicia e por Alfonso Sánchez Izquierdo, profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, respectivamente.

O seguinte Xoves, ’Industria, tic e comunicación’

A seguinte conferencia destas Xornadas será o 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, en Frei Rosendo Salvado 15-16, baixo, en Santiago.

Nesta Xornada, as dúas conferencias levan por título Industria, TIC e Comunicación, e estarán expostas por, ás 17:00 horas, Carlos Jiménez, presidente de Secuware e Enxeñeiro de Telecomunicacións; ás 20:00 horas, será a mexicana Gabriela Warkentin, directora do Departamento de Comunicación da Universidade Iberoamericana Cidade de México. Serán presentados polo director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, e pola presidenta de Eganet, Beatriz Legerén, respectivamente.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información