Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Raíña dona Sofía inaugura a mostra A Fotografía Decimonónica en Ferrol

O alcalde, Vicente Irisarri, presentou a exposición A Fotografía Decimonónica en Ferrol. Unha mostra que inaugura a Raíña Dona Sofía no Museo de Herrerías. Unha mostra que se inclúe no completo calendario de actividades programadas polo Concello para o último trimestre de ano con motivo da celebración dos 150 anos da cidade de Ferrol. Serán máis dun centenar de imaxes de diversos fondos, tanto museísticos como particulares, onde o visitante poderá apreciar o Ferrol de mediados do século XIX e inicios do XX. De feito, as datas que abren e pechan o periodo histórico da exposición non veñen do azar, senón marcadas por dúas visitas reais: a da raíña Isabel II en 1858 e a do rei Alfonso XIII en 1900.

O comisario da mostra e presidente do Centro Galego de Artes da Imaxe, Guillermo Escrigas, acompañaba ao alcalde e explicaba que poucas cidades no mundo contan no seu haber con fotografías da antigüidade das que se presentarán en Exponav. De feito, apuntou que a exposición arranca coa primeira imaxe da que se ten coñecemento en Ferrol, firmada por José María González e tomada en San Campio nos días previos á visita de Isabel II a Ferrol. Unha visita tras a cal a raíña concede, a petición dos seus veciños e veciñas, o título de cidade a Ferrol. Concretamente, o 13 de outubro de 1858. A data que conmemoramos.

Nesta liña, Vicente Irisarri quixo agradecer o salientable traballo de Guillermo Escrigas e apuntou que esta conmemoración permite demostrar que Ferrol ten moito que ensinar a Galicia e a España: “Podemos así recoñecernos ha historia, pero tamén falar de futuro, e proxectar a nosa imaxe no exterior”. A través dun completo programa que xa deu os seus primeiros pasos coa inauguración no Torrente Ballester da proxección fotográfica Ferrol: a cidade vivida e a apertura na Fundación Caixa Galicia do ciclo de cine Historias de Lorref. Dúas iniciativas que tiveron unha magnífica aceptación por parte da cidadanía, quen realmente convirte en éxito o programa.

Ao respecto, o alcalde tamén apuntou que día a día se suman novos contidos a un programa en si mesmo aberto. O último, a próxima presentación dunha fantástica obra sobre o barrio de A Magdalena do fotógrafo ferrolán José Pardo. Así mesmo, o Concello iniciou as xestións para traer a Ferrol un dos sorteos da Lotería Nacional e levar a imaxe de Ferrol a un dos boletos.

Pola súa banda, Guillermo Escrigas explicou que a mostra que mañá inaugura a Raíña Dona Sofía se estructura en sete partes, nas que se poden apreciar non só os distintos espazos da cidade senón tamén dos arredores. Espazos, xentes, costumes e tradicións se misturarán nesta mostra na que, segundo o propio comisario, se poderá sentir un Ferrol completamente diferente ao actual. Dende todo punto de vista sorprendente.

O conxunto de actividades programadas no marco dos 150 anos da cidade de Ferrol pode consultarse en: www.ferrol.es.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información