O volume número 15 da revista Semata analiza as institucións galegas na historia
Este novo número da revista Semata leva por título As institucións galegas na Historia e nel afóndase nun estudo sobre a realidade institucional galega ao longo da historia nun intento por constituír un referente neste eido así como de ofrecerse como mostra das principais liñas actuais de investigación.
Debido á heteroxeneidade das orientacións posibles para a abordaxe analítica das institucións galegas dende unha perspectiva histórica, o ámbito da análise realizada aparece restrinxido a dous campos fundamentais, as institucións político-administrativas e as institucións relixiosas, ademais do apartado reservado ás manifestacións artísticas. Segundo os responsables da publicación, esta dobre orientación resposta tanto a razóns de índole pragmática e de método como a argumentacións de carácter científico, xa que ámbos os dous tipos institucionais son os que tradicionalmente recibiron máis atención da historiografía galega e, na actualidade, son tamén os que presentan maior dinamismo e renovación.
Este novo volume de Semata atende a diversos períodos históricos dende as diferentes perspectivas de análise que hoxe se desenvolven pola comunidade científica, tal e como testemuña o amplo abano de investigadores e a variedade de temas abordados. O novo volume conta coa colaboración dun total de 21 artigos de profesores e investigadores pertencentes na súa maioría á Facultade de Xeografía e Historia da USC aos que se suman destacadas aportacións de especialistas adscitos ás universidades da Coruña, Vigo e León.
O corpo de artigos agrúpanse en torno a catro epígrafes temáticas, as institucións galegas na historiografía, as institucións eclesiásticas na historia de Galicia, as institucións político-administrativas, e finalmente, as institucións e a arte.
A revista Semata, que dirixe o profesor da USC José Carlos Bermejo Barrera, é unha publicación científica, de periodicidade anual, na que se intenta recoller unha visión interdisciplinar da vida social e histórica a través dun estudo monográfico de problemas humanos, nas súas dimensións individuais e colectivas.

Gabinete de Comunicación Universidade de Santiago (USC)