A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, viaxa a Copenhague para a presentación do 32º de Ibby que se celebrará en Compostela
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, subsección de OEPLI, sección española de IBBY, fundada en 1989 para promover, defender e visibilizar a literatura infantil e xuvenil galega, cuxo actual presidente é Manuel Figueiras, viaxa a Copenhague para asistir ao 31º Congreso de IBBY (Internacional Board on Books for Young People) que se está a celebrar na capital danesa os días 7, 8, 9 e 10 de setembro.
Como vén sendo habitual nos congresos de IBBY é durante o acto de clausura cando se entrega a testemuña ao seguinte país organizador e, polo tanto, cando ten lugar presentación do seguinte congreso de IBBY, neste caso o 32º Congreso de IBBY que terá lugar dentro de dous anos en Santiago de Compostela. O 32º Congreso de IBBY, que conta co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, está comisariado polo escritor Xosé A. Neira Cruz e reunirá en Compostela a máis de setecentos escritores e ilustradores, críticos, estudosos da literatura infantil e xuvenil de todo o mundo.
A Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, será a sección encargada de representar a OEPLI e a IBBY en Galicia e prestará tamén apoio loxístico na organización do dito congreso. A súa vicepresidenta, a escritora Ánxela Gracián, celebra con entusiasmo a estupenda acollida que está acadando a presentación do congreso na capital danesa. “Estamos tendo un éxito incrible. Levamos uns tres mil programas impresos en papel, nas tres lenguas oficiais do Congreso, o galego, o inglés e o español para entregar aos asistentes; tamén presentamos o póster do cartel realizado polo ilustrador Xan López Domínguez en varios tamaños e formatos e son moitos os que nos felicitan pola súa modernidade, actualidade e forza expresiva. A Consellería subvencionou tamén unha versión do programa en cdRom que está sendo moi ben acollida, así como outros elementos de merchandising, papelería, chapas, pins, etc. Estamos moi contentos porque vemos que o congreso de Santiago está suscitando moita expectación e entusiasmo por parte dos asistentes. A cidade, tanto pola súa ubicación xeográfica como fin dun camiño mítico, como polo seu glorioso pasado monumental e arquitectónico, está a se sentir como unha cita ineludible. Tamén é moi aplaudido o lema do Congreso, A Forza das Minorías” así como a altura do Comité Científico, formado por intelectuais de todo o mundo vinculados con estrategias de desenvolvemento de literaturas en situación desfavorecida.”
A invitación ao próximo congreso terá lugar nun acto público no que o comisario, o escritor Xosé A. Neira Cruz, establecerá unha ponte cultural e histórica entre todos os países que integran IBBY, presentará o lema do congreso “A forza das minorías” que tan ben define a situación das literaturas en lenguas minoritarias, para finalmente concluír convidando a todos os participantes a participar porque “hai un camiño marcado nas estrelas que conduce a Compostela, cita ineludible en 2010.” O acto estará presidido pola actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño.

Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix)