Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Círculo das Artes exhibe ata o 21 de setembro as obras de Blas Lourés

O presidente en funcións da Deputación, o nacionalista Antón Bao, inaugurou a exposición que recolle parte da obra do pintor lucense Xesús Blas Lourés. Esta exposición permanecerá aberta, dende o 9 ata o 21 de setembro no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Na inauguración da mostra estiveron presentes, ademais do autor das obras, o presidente do Círculo das Artes, Xesús López-Domínguez López, e outras autoridades e persoeiros da vida pública lucense.

Esta mostra organizada polo Círculo das Artes e pola Área de Cultura da Deputación de Lugo que leva por título Unha Vida en Chamas fai un percorrido completo pola vida deste importante pintor e debuxante lugués. Xesús Blas Lourés naceu en Lugo en 1926 e pertence a unha xeración que, tanto en Galiza como no Estado, estivo marcada e condicionada pola Guerra Civil. A xeración que aparece ao fío da Guerra, é heteroxénea, dispersa de criterios e tendencias, pero poden verse dúas tendencias, á da vaga referencia autóctona e á informalista. Blas Lourés ten unha traxectoria persoal similar a de tódolos seus coetáneos: escolas de artes e oficios, formalismos de escolas superiores e achegamento a experiencias que noutros lugares están superadas pero que aquí aínda non chegaron. Blas Lourés non é alleo a todo este movemento, estudou na Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid. Exerceu como mestre de pintura no colexio Sagrado Corazón e no Círculo das Artes de Lugo, que hoxe acolle esta obra.

Blas Lourés é un artista, pero tamén é un mestre de artistas; non hai que esquecer que a súa faceta de mestre foi unha das máis importantes ao longo da súa vida axudando a crear os artistas do futuro. Estamos perante un pintor netamente galego, que reflectiu na súa obra a Galiza como país, ás súas xentes e sobre todo á xente do mundo rural. Blas Lourés estivo fondamente vencellado a escritores da súa xeración como Uxío Novoneyra ou Manuel María, non só por unha similitude xeracional senón pola defensa dos valores e da idiosincrasia do noso país.

A relación de Blas Lourés coa Deputación de Lugo vén de lonxe, aló polo ano 1949/50 cando para ir Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid, foi bolseiro da institución provincial. A súa relación co ente provincial continúa no Museo provincial dependente da Área de Cultura onde se atopan varios cadros pintados por Blas Lourés como son: No trato, As belas da noite ou No café, obras que aparecen recollidas nesta exposición.

UN LIBRO QUE REVELA A OBRA E A PERSOALIDADE DE BLAS LOURÉS

Para saldar a débeda que as institucións lugueses mantiñan co pintor lucense a Área de Cultura da Deputación asumiu o compromiso de poñer en valor e de axudar a render esta homenaxe a Xesús Blas Lourés. Para materializar a posta en valor de Blás Lourés o Círculo da Artes e a Área de Cultura da Deputación de Lugo veñen de editar un libro no que se mostra toda a carreira pictórica do artista á vez que se realiza un completo percorrido pola súa biografía. Esta publicación prologada, entre outros, polo vicepresidente da Deputación recolle, ademais dunha extensa entrevista co artista, algúns textos referidos á figura de Blas Lourés de outros artistas e escritores como: Manuel María, Anxel Fole, Uxio Novoneira ou Dario Xohán Cabana. O libro recolle un considerable número de reproduccións de obras de Xesús Blas Lourés.
Vítor Otero (xefe de Gabinete da Vicepresidencia 1ª da Deputación Provincial de Lugo)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información