Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Xunta e Deputación promoverán a música tradicional

Presentouse o protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza e a Deputación Lugo para a promoción da música tradicional. A sinatura deste convenio asistiron, por parte da Deputación, o vicepresidente, Antón Bao e por parte da Xunta de Galiza o director xeral de xuventude, Rubén Cela e a delegada provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Branca Rodríguez Pazos. Neste acto tamén estivo presente Xaneco Tubio en calidade de secretario da Asociación de Gaiteiros Galegos. Este protocolo de colaboración ten por obxecto o establecemento dun marco de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Deputación de Lugo, para a realización de actividades de promoción, difusión e aprendizaxe, entre a xuventude lucense, da nosa música tradicional e da súa historia.

Segundo informou o Vicepresidente da Deputación “os obxectivos establecidos neste protocolo materializaranse a través da posta en funcionamento dunha escola de música tradicional que servirá como centro de estudo e análise desta parte fundamental do noso patrimonio inmaterial”. A escola centrará a súa actividade en ofertar unha ensinanza de calidade impartida por persoal estable e con experiencia acreditada neste tipo de formación. Para que a escola funcione coas debidas garantías a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza ofertará locais cos recursos axeitados dentro do centro LUG.

Esta escola será o centro que servirá como motor para realizar accións formativas, seminarios, concertos didácticos, obradoiros e todas aquelas actividades que poidan servir para potenciar, difundir e normalizar a nosa música tradicional. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasladarase a través de diversas accións formativas ás distintas comarcas de Lugo. Antón Bao indicou que a xestión da escola e a coordinación das actividades que, emanadas deste centro, se realicen nas distintas comarcas e concellos de Lugo vai a estar en mans da Asociación de Gaiteiros Galegos. Segundo Antón Bao “é unha garantía contar coa Asociación de Gaiteiros Galegos para botar a andar este ambicioso proxecto, e apostamos por unha entidade asociativa como a AGG, consolidada e abalada por máis de vinte anos de traballo, por que entendemos que o modelo asociativo debe de ser un dos piares para a conservación da nosa cultura”. A Asociación de Gaiteiros Galegos garantirá, coa súa xestión, un modelo de escola no que os modernos sistemas do ensino se apliquen á hora de transmitir ao alumnado a esencia da nosa música tradicional.

UN BALEIRO QUE LUGO PRECISABA ENCHER

Este centro cubrirá o baleiro formativo existente en Lugo nesta materia e será, sen dúbida, centro de referencia para todo o país. Tamén achegará a posibilidade de formarse a alumnado procedente da Coruña e Ourense, onde a oferta formativa esta relegada ó ensino de instrumentos tradicionais, sin que existan propostas educativas que integren todas as disciplinas da música tradicional. A implantación deste centro será complementaría coa actividade que as asociacións, escolas de música e conservatorios están a facer no eido da música tradicional. A filosofía da escola será integradora e tratará de colaborar coas entidades antes sinaladas para actuar de xeito coordinado e cubrir as eivas que ata o de agora o ensino da música tradicional tiña en Lugo. Impartiranse aulas das distintas disciplinas vencelladas á música tradicional e contarase con ensinantes de prestixio contrastado para garantir un ensino de calidade.

Vítor Otero (Xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información