Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Uxía presenta o seu novo traballo: Eterno navegar

Nel, as raíces máis galegas conviven con estes cantos portugueses
e africanos dun xeito natural, innovador e vangardista, achegándonos quince temas baixo un estilo moi
persoal que percorre as sonoridades do atlántico, fundindo estilos do fado ó alalá e á morna.

Xunto a Paulo Borges, produtor artístico, esta artista referencial na nosa música préstanos a súa voz, máis plena e matizada ca nunca. Logra que os versos de Celso Emilio teñan o sotaque da Alfama, e que a Berenguela repenique ao ritmo do Cabo Verde cósmico de Jon Luz. Fai que as mornas de Mindelo se tingan de acentos galegos; rescata a sensualidade irónica dos cabarés dun Berlín que ben podería estar en Bos Aires; trae ata o Miño as falúas do Tejo e consigue que a Virxe da barca deixe abalar a súa pedra ao son da lira dos Açores.

Uxía preséntanos seu quinto traballo discográfico en solitario, Eterno Navegar Eterno Navegar é un disco de autora, pois se ben bota man da voz de poetas como Curros, Celso Emilio ou Marica Campos, a metade das cancións son creación da artista en íntimas confesións ou deliciosos artificios con letras e melodías da súa autoría. É un traballo de madurez vital e artística, repleto de sensibilidade que amosa abertamente a plenitude serena dunha artista para quen, a música, a arte e a vida son un todo, e para quen crecer, non é senón un "eterno navegar".

O son e arranxos de Paulo Borges, a voz de Uxía e o traballo conxunto da excepcional banda, fan ademais que seu directo reflicta ao vivo de xeito especial o valor engadido que agocha este disco

O libreto que o acompaña, amósanos ademais outras disciplinas artísticas con valor de seu, como as intervencións fotográficas da man do polifacético Quim Farinha. As diferentes músicas conxélanse en imaxes de gran potencia visual. Con localizacións e materiais testemuñas dese atlántico, aporta ao disco a visión estética contemporánea “deste mar que nos une”

Á venda en Galiza, resto do Estado e Portugal

Baixo este coidado formato, coa produción executiva de Nordesía Producións e distribuído polo selo Harmonía Mundi-World Village, o traballo está xa dispoñible nos principais puntos de venda de música en Galiza, resto do Estado e tamén de Portugal.
Nordesía

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información