Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Xosé Carlos Caneiro presenta o blog da súa última novela: A vida nova de Madame Bobary

Co fin de que os lectores poidan expresar libremente a opinión que lles merece a novela, confrontar pareceres, xogar co texto, e incluso debater co autor, Xosé Carlos Caneiro abriu un blog sobre a súa última obra:

avidanovademadamebovary.wordpress.com

Velaquí un adianto da primeira entrada do autor, coa que quedará inaugurado este blog literario o luns 2 de xuño:

"Esta novela naceu do corazón, pero eu non sei se é ese o lugar onde deben nacer as novelas. Empecei a escribila hai cinco anos. Remateina no outono de 2007.

Imaxino que isto é o primeiro que debía afirmar para inaugurar este blog. Dixéronme que un blog era un diario. Despois dixéronme que debía escribir da miña Bovary. Debo sinalar que eu nunca pensei que puidera estar deste lado: escribindo un blog/diario sobre a miña novela. As novas tecnoloxías mais eu temos moitas contas pendentes. Un mp3 paréceme unha ecuación irresoluble. Pero son os tempos. Hai algúns días, lendo o manifesto do "Correlingua", decateime que eu era un home con cronolóxico retraso. Os nenos escoitaban Playstation, Proevolution soccer... e sentíanse no seu mundo. Eu vivín á marxe dos bits: inmerso nun mundo de papel con lapis que anota nas páxinas, de papel con palabras vivas, de papel entre catro paredes. Casares sempre estaba á última en tecnoloxía. E Alcalá, tamén. Eu, reitero, son un tipo que sempre chega tarde. Escribo en ordenador porque vou máis rápido, pero sempre fun de anotar ideas en libretas. Teño centos. Varias ducias de Madame Bovary. Podería trasladar aquí as anotacións desas libretas. Pero esa non é a finalidade do blog de Madame Bovary. En realidade a finalidade é única: saber. Coñecer. Mirar as túas palabras sobre as miñas. Mirar, coñecer, saber... qué pensa o lector.

Un sempre escribe a escuras. Ignorando que hai homes e mulleres do outro lado. Esa é a traxedia do escritor: a soidade. Escribimos a cegas. Sen oír. Sen recibir, agás en contadas ocasións, noticias da xente que máis importa na literatura: os lectores e lectoras.

Esa é a razón.

Non hai outra.

Madame Bovary son eu... pero gustaríame que tamén fose un lector, unha lectora.

Escribo as primeiras liñas deste blog e tremo. Esperando. Por ti".
Editorial Galaxia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información