Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Alberto Cunha presenta o seu disco Ahora en A Coruña

O artista vigués ALBERTO CUNHA presentará en A Coruña o seu primeiro traballo discográfico, titulado AHORA. A presentación terá lugar este xoves, 17 de xuño, a partir das 20:00 horas, no Salón La Rotonda (planta 7ª) de El Corte Inglés en Cuatro Caminos. O acto consisitirá nunha rolda de prensa e nun pequeno concerto acústico no que ofrecerá ós medios de comunicación e invitados unha breve escolma do seu disco.
O álbum AHORA, de estilo pop e con influencias latinas, contén dez temas, entre os que atopamos baladas, temas máis comerciais, que falan de amor e desamor, da vida, etc..., na súa maioría compostos polo propio ALBERTO CUNHA.
Asemesmo, dúas das cancións son da autoría do productor Juan Carlos Fasero, e outro Ne me quite pas, é unha versión en francés do músico Jacques Brel. Este último tema está interpretado a dúo, tan só con piano e voz, con Teo Cardalda, membro do grupo Cómplices, e un dos compositores máis destacados do panorama musical español. Como ben sinala o propio artista, este disco non deixa de ser unha homenaxe ós mestres da música do que eu aprendín, cantautores italianos, franceses, grupos dos sesenta e setenta españois, grupos máis actuais como Los Secretos, etc...

Este disco supón un rexurdimento da figura do solista de pop masculino en Galicia, xa que teríamos que remontarnos anos atrás para atopar un (Andrés Dobarro, etc). Ademais AHORA é un disco cento por cento galego, feito na nosa terra e por galegos. O disco está producido polo promotor de espectáculos vigués, Bibiano Morón. E a producción e os arranxos corren a cargo do artista Juan Carlos Fasero.
ALBERTO CUNHA non é só cantante e compositor, senón que é un verdadeiro showman, con varios anos de traxectoria profesional ás súas costas. Na actualidade tén en marcha un espectáculo de humor, con música e imitacións e é colaborador habitual, como tenor, da Orquestra Sinfónica de Melide. Ademais, xa compartiu escenario con artistas de talla internacional, como Mariza, Ismael Serrano ou María do Ceo.
Por outra banda, ALBERTO CUNHA ten unha dilatada experiencia no mundo da televisión. Participou ó longo de nove semanas consecutivas nun concurso do programa Luar, da TVG, foi o gañador da edición outono-inverno 2001 do programa concurso Tequelexou, tamén da TVG, e en Televigo foi presentador e showman do programa Vigo sin Fronteras, ó longo de dous anos e medio.
Prensa Articket

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información