Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Investigadores cubanos e galegos colaboran no libro De raíz profunda. Galicia y lo gallego en Cuba

Responsables da USC presentaron en Fonseca o libro De raíz profunda. Galicia y lo gallego en Cuba, editado conxuntamente pola institución docente compostelá e a Xunta de Galicia e presentado con grande éxito editorial na Feira do Libro de La Habana, situación que se repetiu tamén nesta beira do Atlántico e en todos os espazos académicos nos que se deu a coñecer. A presentación correu a cargo do vicerreitor de Cultura, Elias Torres; a profesora de Historia de América Pilar Cagiao; e o director académico do Servizo de Publicacións da USC, Antonio Azaustre.

Coordinado por Pilar Cagiao e polo director do Departamento de Historia da Universidade de La Habana Sergio Guerra, o libro mostra os vencellos históricos entre Galicia e Cuba dende unha óptica interdisciplinar. Precisamente no seu carácter de miscelánea é onde radica a orixinalidade do volume, “que abarca multitude de aspectos concretos relacionados coa emigración, o exilio ou as relacións culturais”, matizou a profesora Cagiao.

Na publicación recóllense catorce estudos elaborados por investigadores cubanos e galegos agrupados en tres apartados estreitamente ligados entre si. No primeiro, co epígrafe ‘Sobre a emigración galega a Cuba’ móstranse artigos que abarcan diversas cuestións dun tema inesgotable. Xa no segundo apartado, ‘Guerra Civil e exilio político’, os traballos dirixen a súa ollada ao doloroso conflito bélico que dividiu aos españois e a súa relación con Cuba. Finalmente, no último, ‘Cuba y Galicia’, ponse de relevo a relación cultural que algúns intelectuais cubanos tiveron cos galegos e con Galicia.

Entre outros temas, os artigos versan sobre a emigración de Teo a Cuba, o exemplo de Pedro Murias, a masacre fascista da familia Ramos Ferreiro en Galicia; o Centro Gallego da Habana e a Guerra Civil española; Fernando Ortiz e os galegos en Cuba; ou a contribución cubana á Biblioteca América da Universidade de Santiago.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información