Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Convenio entre la Xunta y el Instituto Cervantes de París para la promoción del gallego

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, asinaron en París unha declaración de intencións entre ambas as dúas institucións co fin de incrementar o labor de cooperación na promoción, difusión e ensino da lingua e da cultura galegas no exterior.

Concretamente, o acordo rubricado pretende ampliar a divulgación dos cursos de coñecemento da lingua galega que se ofrecen en distintos centros do Instituto Cervantes e potenciar que a programación académica destes centros promova a impartición de cursos de formación de lingua galega preparatorios dos Certificados de Lingua Galega (Celga). De igual xeito, estudaranse instrumentos de cooperación para que a Xunta poida proporcionar contidos académicos e culturais para os portais que o Instituto Cervantes posúe en internet, en especial, para o Centro Virtual Cervantes e en Cervantes TV. Así mesmo, incrementarase a presenza bibliográfica galega nas bibliotecas deste organismo –que na actualidade contan con 5.000 volumes en galego-, e promoverase a participación de empresas galegas nas actividades que a Xunta e o Instituto Cervantes poidan desenvolver conxuntamente. Complementariamente, o Goberno galego comprométese a apoiar a implantación e difusión da Aula Virtual Española, deseñada polo Cervantes para a aprendizaxe e a ensinanza en español como lingua estranxeira a través de internet.

Durante a súa intervención, Emilio Pérez Touriño subliñou a súa satisfacción pola presenza que na actualidade teñen a lingua e a cultura galegas nos programas e actividades dos Institutos Cervantes e amosouse convencido en que esta declaración de intencións se traducirá “no incremento da colaboración que a Xunta e o Instituto vimos mantendo de xeito continuado nun crecente número de países”.

Os Cervantes, “embaixadas da cultura española”

Paralelamente, o xefe do Executivo autonómico referiuse aos Institutos Cervantes como as “mellores embaixadas da cultura española”, por canto que España vehicula gran parte da súa presenza e da súa imaxe no exterior a través deste organismo. Unha imaxe, engadiu, que transmite e recolle “con fidelidade” a realidade da “España plural, unida e diversa, desa España consciente de que a súa pluralidade lingüística e cultural é un dos seus maiores activos e un valor que nos fai a todos máis ricos”.

“E ese espírito integrador do Instituto Cervantes, ese ánimo inclusivo, esa convición de que a España plural de todas as linguas e de todas as culturas españolas, e polo tanto de todos os cidadáns españois, independentemente da lingua na que se expresen, é precisamente –aseverou Touriño ao respecto-, o que fai posible que asinemos hoxe esta declaración de intencións”.

Na súa intervención, o mandatario galego referiuse ademais aos estreitos vínculos existentes entre Galicia e Francia, vínculos que se ven reforzados a través do Camiño de Santiago, posto que é precisamente no país veciño de onde parten as catro grandes rutas que dan orixe ao principal itinerario desta ruta: o Camiño Francés.

Por último, Touriño destacou o “extraordinario papel” que Francia e a súa capital, París, teñen desempeñado ao longo da historia nas loitas dos demócratas galegos e españois “pola liberdade e o progreso”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información