Miradas alleas reflicte a evolución de Galicia nos últimos 150 anos
“Observando con certo detemento estas fotografías, calquera poderá comprender por qué o Goberno galego fixo da ordenación do territorio, da rexeneración urbanística, do desenvolvemento sostible e da conservación do patrimonio natural e construído un novo conxunto de prioridades”. Así resaltou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o seu compromiso coa preservación dos mellores valores patrimoniais e medioambientais da Comunidade, un compromiso que reafirmou durante a inauguración da mostra fotográfica Miradas Alleas. Unha visión de Galicia esta tarde en Compostela.
O presidente galego asegurou que detrás desta nova aposta política existe unha “vontade de reverter os procesos de ocupación indiscriminada do territorio e un desexo de mellorar a calidade de vida da cidadanía galega” e subliñou que o seu Goberno traballa para facer compatible o crecemento en infraestruturas, en tecnoloxía e en riqueza coa preservación do patrimonio e do medio ambiente da Comunidade.
“Necesitamos e queremos que a cidadanía se incorpore a ese debate”, engadiu Touriño, quen lembrou que o territorio non é un “ben descuartizable en pequenos anacos de propiedade individual, senón un ben común, un patrimonio que nos transcende”. “É unha herdanza que recibimos dos nosos devanceiros e que teremos que entregar nas mellores condicións aos que veñan despois de nós”, destacou.
Un “catálogo dos cambios vividos por Galicia”
No transcurso da súa intervención, o titular do Goberno galego cualificou a exposición Miradas Alleas como “un sorprendente catálogo dos cambios vividos por Galicia durante os últimos 150 anos” e felicitou á Secretaría Xeral de Comunicación e ao comisario, Manuel Vilariño, pola súa organización. Touriño salientou que a mostra, composta por fotografías tomadas por viaxeiros durante as súas visitas a Galicia, ten un valor engadido porque recolle a “ollada distante de viaxeiros, sen intereses subxectivos nin compromisos afectivos co país co que se atopan”.
“A través destas fotografías podemos contemplarnos no espello que nos fornecen estes ilustres viaxeiros, redescubridores dunha terra que para a maioría era terra incógnita e que tamén para moitos rematou sendo un lugar de fascinación”, afirmou o presidente galego, quen puxo en valor a información que a mostra brinda sobre a evolución no uso do territorio e sobre a relación da sociedade galega co seu patrimonio.
“En realidade, sobre o que me gustaría chamar a atención é sobre o carácter de invitación que esta mostra ten. Invitación a que na sociedade galega se desenvolva un debate sereno, un debate non condicionado por posicións fundamentalistas nin actitudes exclusivamente mediadas por egoísmos conxunturais, sobre a relación entre conservación e innovación, entre crecemento e preservación territorial e patrimonial”, asegurou Pérez Touriño. “Un debate sobre a necesaria dialéctica entre tradición e modernidade, como diría Isaac Díaz Pardo, e sobre a súa concreción en normas e en pautas políticas que nos permitan facer do territorio galego algo distinto a un simple valor de mercado”, concluíu.
A exposición
A exposición Miradas Alleas. Unha visión de Galicia está organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Universidade de Santiago. O seu comisario é o Premio Nacional de Fotografía 2007, Manuel Vilariño.
A mostra, que está na Igrexa da Universidade ata o 3 de xuño, pretende explicar a maneira de mostrarse Galicia diante dos viaxeiros que nos visitaron no último século e medio. Así, a mostra realiza un percorrido desde as fotografías que en 1865 realizou Charles Thurston Thompson para o Proxecto Fotográfico Ibérico ata as que tiraron, por exemplo, Aziz+Cucher, Jean Dieuzaide ou Bernard Plossu en 2004.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia