Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Galaxia presenta os poemarios Canle segredo e Vento de Sal

Coa entrada da primavera, entra de novo a poesía, cada ano con renovada forza. Editorial Galaxia ofrece novos títulos na súa colección DOMBATE, entre eles Canle segredo, recuperación da obra de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen este ano vai dedicado o Día das Letras Galegas.

Incluido na colección DOMBATE, este poemario que Álvarez Blázquez edita en 1976, pero que estaba escrito dende bastantes anos antes, dende 1954 polo menos, data na que o poeta recibe o Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Buenos Aires por ese mesmo texto. Iso significa que o libro, no que latexan momentos de inspiración social e existencial, mesturados con intres de forte emoción lírica, se adianta nalgúns destes rexistros a títulos tan significativos desta época coma a propia Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro (1963). Xosé María Álvarez Cáccamo, fillo de Álvarez Blázquez e tamén poeta, ademais de profesor e ensaísta literario, explícanos na introdución algúns destes interesantes detalles.

Xunto con Canle segredo ofrecemos tamén Vento de sal, o máis recente poemario de Xosé María Álvarez Cáccamo, unha das grandes referencias da poesía galega dos nosos días e fillo da figura homenaxeada no Día das Letras. Dalgún xeito, aínda que non sexa máis ca dunha maneira simbólica, pai e fillo dialogan poéticamente, un ao carón do outro, neste lanzamento común.

Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos. Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros.


Departamento de Comunicación da Editorial Galaxia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información