Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Xornada informativa sobre a Lei do Cine

O director xeral de Comunicación Audiovisual e vicepresidente primeiro do Consorcio Audiovisual de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, participou xunto co presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber, na inauguración dunha xornada sobre a Nova Lei do Cine. A xornada, organizada pola Fundación Araguaney e o Consorcio Audiovisual de Galicia, desenvolveuse en Santiago.

Na súa intervención, Fernández Iglesias destacou a iniciativa posta en marcha por ambas as entidades por tratarse dunha xornada “moi acertada e necesaria” para coñecer o proceso de desenvolvemento da lei, así como o seu articulado e as perspectivas da mesma. Valorou, asimesmo, a presenza de destacados profesionais na xornada, algúns dos cales participaron na elaboración do texto.

Neste sentido, Fernández Iglesias, destacou que a través da xornada sobre a nova Lei do Cine “Galicia tomará conciencia das posibilidades que o texto ofrece ás comunidades autónomas o que permitirá facer un seguimento exhaustivo da mesma por todo o sector”.

O presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber, explicou que co desenvolvemento da xornada se pretende “achegar á opinión pública e ao sector cinematográfico a nova Lei do Cine” aprobada recentemente polo Congreso dos deputados para dar a coñecer as posibilidades que ofrece ao sector.

Contido da xornada

A xornada sobre a nova Lei do Cine articulase en torno a dúas mesas. Na primeira sobre o Proceso de elaboración e Desenvolvemento da nova Lei do Cine participan Fernando Lara, director General do ICAA e Nacho Varela, director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia. A segunda das mesas, que versará sobre O sector cinematográfico ante a nova Lei do Cine, estará formada pola presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, a presidenta da Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios Audiovisuais, Inés París, Enrique González-Macho, representante de Alta Films e Alfonso Zarauza, guionista e director de cine.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información