Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O magomimo Anyo representa a maxia galega na Feira do Libro da Habana

O Mago e Mimo ourensan Anyo será un dos embaixadores da cultura artística galega ante mais de 30 paises de todo o mundo que se darán cita na Feira Internacional do Libro da Habana 2008 (FILH) no apartado das artes escénicas, que se celebrará do 13 ó 24 de Febreiro do presente ano na capital cubana.

Membro da “Sociedad Española de Ilusionismo” tamén pertence á Xunta Directiva das asociacións “Circulo Máxico Auriense” de Ourense e “Magos Profesionais de Galicia”, cumplindo este ano os 25 anos dedicado o mundo artístico afronta con gran ilusión esta visita a Cuba para mostrar naquelas terras tan vencelladas históricamente con Galicia a sua “Maxia do Silencio”, espectáculo que mezcla a maxia e o mimo equilibrando nunha balanza o humor e os efectos visuais máxicos cunha presentación moi especial na que a palabra non se fai necesaria, captando a atención do público co xesto, a música e a propia maxia. Actuará no Pavillón Infantil da Feira o día 15, e o día 17 no Teatro Nacional de Guiñol da Habana en sesión de mañán e tarde.

A FILH é unha das mostras culturais máis importantes de toda Latinoamérica. Este ano Galicia asiste como país cultural convidado e con tal motivo a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia desprazará a ese país unha ampla representación cultural que contempla numerosas actividades literarias, musicais e exposicións coa presencia de coñecidos escritores e artistas galegos de diferentes disciplinas, ademáis dunha mostra da diversidade de propostas escénicas que se ofrecen actualmente en Galicia, con espectáculos de teatro infantil, contacontos e danza contemporánea, sin esquecer por suposto neste caso a este embaixador da maxia galega da man deste artista ourensan que de seguro deixará o mellor de esa ilusión que transmite no corazón dos cub@nos e dos galeg@s cos que alí se atope.
Mago Anyo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información