Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Entregados os Premios Elías Valiña e ás Actividades Prodtivas no Medio Rural

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, entregou hoxe en Santiago dous premios que recoñecen a entidades que desde diferentes perspectivas contribúen á revitalizar e conservar o Camiño de Santiago. A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Astorga e Comarca recibiu o Premio Elías Valiña, e a Cooperativa Milhulloa o Premio ás Actividades Produtivas no Medio Rural.

O Premio Elías Valiña recoñece o labor revitalizador e promocional das Rutas Xacobeas. En 2007 recaeu na Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Astorga e Comarca. O galardón está dotado con 10.000 euros e está dirixido a institucións, asociacións culturais, padroados ou fundacións tanto dentro como fóra de Galiza. O director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, destacou que "foi unha decisión difícil porque había moitas e moi boas propostas, pero é un premio moi acertado polo traballo que desenvolve a asociación".

A asociación premiada naceu hai 15 anos co obxectivo de atender os peregrinos do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade de Astorga. A Dirección Xeral de Patrimonio recoñece co Premio Elías Valiña o labor que nestes anos desenvolveu a asociación na adecuación e sinalización do Camino de Santiago Francés ao seu paso pola comarca e a atención aos peregrinos que chegaban a esa cidade desde o albergue que xestiona a asociación.

Actividades produtivas

Pola súa parte, o Premio ás Actividades Produtivas no Medio Rural de 2007 recaeu en Milhulloa, S. Cooperativa Galega de Palas de Rei. Este premio está dirixido a recoñecer aquelas iniciativas produtivas que contribúen á conservación, recuperación e posta en valor do territorio histórico do Camiño de Santiago Francés.

O departamento que dirixe Ánxela Bugallo concedeulle 30.000 euros a esta explotación dedicada ao cultivo, transformación e comercialización de plantas mediciñais e aromáticas. A orixinalidade da súa produción, a promoción do Camiño e da súa comarca, a investigación e recuperación dos remedios empregados nos antigos hospitais e mosteiros da Ruta e a propia localización da empresa situada ao carón dunha área de descanso para os camiñantes, fixeron da cooperativa Milhulloa a favorita para acadar o premio por parte do xurado.

A conselleira sinalou que o premio a Milhulloa "recoñece un labor moi importante e quere ser un incentivo para que se propague o exemplo desta cooperativa e da diferencia que marca facer as cousas ben como eles as fan".

Outorgouse ademais unha mención dotada con 12.000 euros á explotación agrícola e gandeira de ovino ecolóxica e a hospedaría Casa Caxiguiero de Mª Teresa Chousa Losada situadas en Sarria. Destacouse desta proposta o seu labor a prol da promoción e mantemento do pastoreo tradicional e rotacional, a aposta pola gandería e agricultura ecolóxicas, así como a súa dedicación á crianza das razas ‘Galiñas de Mos’ e ‘Ovella Galega’ para evitar a súa extinción. E en canto á actividade de turismo rural, subliñouse a importancia de que a casa estea situada a escasos metros do Camiño Francés ofrecendo os seu servizos aos peregrinos.

Este premio convocouse en 2007 por primeira vez. Con el a Consellaría de Cultura e Deporte quere recoñecer ás entidades forestais, agrícolas, gandeiras, de transformación ou de distribución que mellor apoian o Camiño de Santiago Francés.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información