Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Entregados os premios da SGAE na V Noite dos Autores

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou no marco dunha gala organizada pola SGAE en Santiago, que Galicia ten feito da aposta pola creatividade e a innovación “un dos eixes principias sobre os que construír o seu presente e proxectar o seu futuro”. Así o destacou o presidente da Xunta na V Noite dos Autores, acto co que SGAE quixo recoñecer o labor creativo e a “capacidade para innovar e para emprender en calquera ámbito de actividade”.

Precisamente, o presidente da Xunta valorou a inclusión de diferentes empresas e institucións galegas na listaxe de entidades premiadas. Así, referiuse ao Grupo Inditex, ao Concello de Santiago, á Universidade de Santiago de Compostela ou ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais por ter sido distinguidas neste acto. Ao tempo, fixo extensivos os seus parabéns á Axencia EFE e a FASYDE, Asociacións Provinciais de Empresarios de Salas de Festa, Baile e Discotecas de España, tamén distinguidas nesta gala.

Fonte de inspiración continuamente actualizada

No decurso da súa intervención, Pérez Touriño afirmou, así mesmo, que ao apostar pola innovación, a creatividade e a cultura “non facemos outra cousa que revitalizar vellas tradicións e volver enlazar cun espléndido pasado cultural cuxa peza máis brillante e rematada é esta cidade de Santiago de Compostela”. En opinión de Touriño, o pasado cultural non é en Galicia “un capítulo pechado” senón “unha fonte de inspiración continuamente actualizada”.

Paralelamente, o presidente galego tivo unha mención especial para o proxecto da Cidade da Cultura. Neste sentido, asegurou que a Xunta traballa coa idade de que o complexo do Gaiás “se converta en meta das novas peregrinacións do século XXI, fortemente marcadas pola atracción que sobre as persoas exerce a creatividade e a excelencia cultural”.

“Ese horizonte marca un novo reto que asumimos con responsabilidade, con ilusión e coa seguridade de que Galicia saberá facer dese gran complexo arquitectónico e cultural unha nova proba da súa capacidade para crear, comunicar e construír futuro”, concluíu Touriño.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información