Iago Eireos, Premio do XVIII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán
O 16 de xaneiro de 2008, reuniuse en Begonte o Xurado do XVIII CERTAME DE ARTE “JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN”, convocado con motivo da XXXVI edición do Belén electrónico, formado por: MANUEL GULÍN RODRÍGUEZ, pintor, en representación da Consellería de Cultura e Deporte; XERMÁN LIMERES LÓPEZ, fotógrafo do Museo Provincial, en representación da Deputación Provincial de Lugo, entidade patrocinadora; GONZALO SÁNCHEZ FOLGUEIRA, fotógrafo e pintor; e XULIO XIZ (sen voto), como secretario, en representación da entidade convocante. Por unanimidade, acordan:
Conceder o PREMIO JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN de arte, dotado con 1.,500 € e estatuíña de Sargadelos, a IAGO EIREOS de Lugo, pola súa obra “Begonte en néboa”.
Así mesmo, e diante da calidade das obras presentadas, conceder cadansúa mención de honra, dotadas con estatuíña de Sargadelos a: XOSÉ LUIS OTERO BECERRA, de Vigo; GONZALO VELASCO VIEIRO de Lugo, por “Outono”e EDUARDO BAAMONDE, de Cambados por “Epicromía con figura”.
Os premios serán entregados o próximo 26 de xaneiro, sábado, dentro dos actos de clausura do Belén de Begonte.

Centro Cultural José Domínguez Guizán