Ferrol acolle a mostra As mulleres na prehistoria
A edil de Educación, Mercedes Carbajales, presentou no Concello a exposición “As mulleres na Prehistoria”. Xunto con ela estiveron a comisaria da mostra, Begoña Soler; a representante do Cefore, Anxela Loureiro; e o decano da Facultade de Humanidades, José Luis Tasset. No transcurso do acto, a responsable municipal explicou que a exposición abrirá as súas portas o venres 18 de xaneiro, a partires das oito da tarde e coa asistencia do alcalde, Vicente Irisarri. O lugar: a sala de exposicións da Facultade de Humanidades do Campus de Esteiro, que albergará ás 19 horas unha conferencia de Begoña Soler. Dende ese día e ata o 24 de febreiro quedará aberta de luns a venres. Os horarios: de 10 a 13 horas para que asistan os centros educativos e de 17 a 19 horas para o público en xeral.
A edil Mercedes Carbajales apuntou que “As mulleres na Prehistoria” trata de recuperar o importante papel das mulleres que viviron nesta época e ás que, tradicionalmente, se relegou a un segundo plano. A mostra forma parte do programa de exposicións didácticas itinerantes que o Museu de Prehistoria de Valencia, dependente da Deputación, leva a cabo dende 1997.
Pola súa banda, Anxela Loureiro indicou que a mostra “marca o inicio dun ciclo de exposicións que rematará en xullo”. Asemade, a representante do Cefore apuntou que incorpora unha novedosa visión da historia xa que “hoxe, mesmo os textos seguen a ocultar a verdade. Que a historia tamén se escribe en feminino, aínda que se fale da evolución do home en masculino”. Loureiro dixo, finalmente, que agardan unha afluencia masiva de xente “para contribuír a cambiar a perspectiva e falar da historia con xustiza” .
O papel da muller
Pola súa banda, Begoña Soler quixo agradecer de antemán o interese das tres entidades que fixeron posible que esta actividade recalase en Ferrol: Concello, Cefore e Universidade. Soler explicou que, baseándose na arqueoloxía de xénero, que pretende identificar e interpretar as actividades nas que participaron as mulleres na prehistoria, a exposición fai un recorrido por distintos aspectos do papel da muller.
Asemade, a comisaria apuntou que desde o século XIX, as investigacións arqueolóxicas en Europa profundizaron nos modos de vida das sociedades do pasado. En concreto, na Prehistoria. Nembargantes, nestes estudos atópase un masculino neutro, “o home prehistórico”, ao falar das persoas que formaron estas sociedades. Deste xeito, as mulleres quedaron relegadas a un segundo plano, estático e invisible, que a exposición quere rebater con exemplos que amosan que homes e mulleres compartiron esforzos e recursos para sobrevivir na Prehistoria.
Soler tamén destacou que esta exposición está pensada para tódolos públicos, idades e niveis formativos “cunha clara vocación didáctica, de xeito que non se deixa a ninguén fóra como se fixo tradicionalmente coa muller”. Asemade, explicou que ten distintos niveis de lectura gracias aos elementos que a compoñen: audiovisuais, obxectos, e paneis estáticos con imáxenes. E mesmo que os escolares poderán satisfacer as súas dúbidas cunha guía didáctica que se porá á súa disposición.
A mostra
“As mulleres na Prehistoria” presenta como homes e mulleres formaron grupos de persoas no pasado para vivir e sobrevivir, deixando a súa testemuña no solo no que viviron.
A exposición está enmarcada entre as primeiras sociedades cazadoras- recolectoras- pescadoras e a Idade do Bronce. Divídese en seis bloques temáticos nos que que se desenvolven alguhnas das actividades da vida diaria nas que participou a muller e que se convertiron en imprescindibles para o mantemento do grupo, a través de imáxenes e réplicas de obxectos arqueolóxicos. Entre eles están as figuriñas paleolíticas, colares, obxectos de pedra tallada, agullas de coser de oso, recipientes de cerámica ou a maqueta dun telar. Como novidade, “As mulleres na Prehistoria” contará cunha réplica dun soterramento da mostra do Neolítico atopada no Silo número 13 do Barranco de Beniteixir de Piles (Valencia), cedida polo Museu Arqueològic de Gandia.
A imaxe da muller sempre estivo presente nas pinturas rupestres e o arte desde hai 28.000 anos. Liñas que perfilan siluetas de muller sen rostro, figuras femininas talladas en pedra, frisos naturalistas... en todas elas, a muller forma parte do grupo, colabora na caza, a recolección ou é símbolo de fertilidade e nai.

Gabinete de Prensa do Concello de Ferrol