Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Igualdade e Xerais coeditan a obra O segundo sexo, de Simone de Beauvoir

A Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta e Edicións Xerais editarán conxuntamente a obra de Simone de Beauvoir O segundo sexo, que por vez primeira se vai publicar en lingua galega.

A saída do primeiro tomo desta obra clave do pensamento feminista coincide co ano do centenario do nacemento da escritora e filósofa francesa, que se celebra o 9 de xaneiro. A presentación do libro coeditado por Xerais e Igualdade enmarcarase nos actos previstos co gallo do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo.

Sobre esta iniciativa, a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, valorou a figura de Simone de Beauvoir e asegurou que é imposible medir o impacto e a repercusión da escritora feminista máis lida do mundo. “A súa obra inspirou gran parte do feminismo teórico da segunda metade so século XX, o denominado ‘feminismo da igualdade’ e, por ende, foi a base ideolóxica de moitas políticas de igualdade actuais”. Por iso, para Adán “é necesario no centenario do seu nacemento revisar todos os avances das mulleres en positivo e saudar os novos retos que quedan por diante”.

Simone de Beauvoir, ao teorizar sobre as mulleres dende a relación que estas manteñen co sexo ou, noutras palabras, cómo o sexo as definiu historicamente como diferentes, senta as bases dun dos debates máis significativos dentro do feminismo, nomeadamente, a reflexión en torno ao que é biolóxico e ao que é cultural na situación de inferioridade que padecen as mulleres. A autora de O segundo sexo toma partido polos elementos culturais e rexeita calquera tipo de esencialismo bioloxicista. Esta aposta queda plasmada no inicio do segundo volume do libro coa famosa sentencia "non se nace muller, chégase a selo" que se convertería nunha das sentencias máis famosas do feminismo.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información