Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Boas Noites, de Berrobambán, seleccionada para a Fetén

A obra arrasou na súa estrea, hai mes e medio, no Salón Teatro, e coas funcións posteriores en Vigo e Compostela. Agora, Boas Noites, a montaxe baseada no texto co que Paula Carballeira gañou o I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, será representada na Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas.

En Galicia xa foron milleiros de persoas as que puideron gozar desta montaxe: máis de 1.200 na fin de semana da estrea, a comezos de novembro, no Salón Teatro Compostelán e no Teatro García Barbón de Vigo, e esta última semana, case un milleiro máis no marco das funcións didácticas e familiares no Teatro Principal compostelán.

Ademais das moitas funcións das que aínda poderemos gozar por toda a nosa xeografía, Berrobambán dá un chimpo até Xixón o 27 de febreiro. Ás 10.45, no Teatro Jovellanos, representarán Boas Noites no marco da Fetén, a Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas, un evento que se desenvolve dende o 91 para que as compañías, programadores e distribuidores de teatro infantil poidan compartir experiencias, coñecementos e recursos, e para que poidan estabelecer vínculos. É o único evento destas características no Estado, e un dos poucos especializados no ámbito da infancia en toda Europa.

Música, humor e emoción

Queda patente a calidade de Boas Noites: ao xa en por si divertido texto de Paula Carballeira sumóuselle a creatividade de Berrobambán, unha compañía referencial no teatro infantil: cóntannos a historia de Xiana, unha nena que leva unha vida tan estresada que non ten tempo para xogar. Por iso non quere durmir pola noite, un tempo precioso que ela prefire investir en descubrir cousas novas e vivir aventuras. E coa compaña de Pedro Chosco, emprenderá unha viaxe emocionante a través dos soños dos nenos, e tamén dos seus medos. Como nas montaxes anteriores, Buh! ou A Cabana de Babaiagá , Berrobambán aborda os medos dende o humor e a emoción.

A dirección da montaxe corresponde a Jorge Padín, director e responsábel da formación de actores e actrices no Taller de Teatro TAT en Logroño. O elenco intégrano, ademais da propia Carballeira (nai de Xiana e “Muller do Saco”), Chiqui Pereira, que encarna a Pedro Chosco, Lorena Conde, que interpreta ao clásico Monstro fedorento, Manolo Vázquez, quen , ademais de coordinar a música, dá vida ao pai de Xiana, e a protagonista: Anabell Gago, gañadora de dous premios María Casares, interpreta á nena inqueda e curiosa que non quere durmir.

A montaxe conta con música en directo, a cargo de Vadim Yukhnevich (acordeón), Begoña Riobó (zanfona) e Pablo Pérez (contrabaixo), ritmo trepidante, unha escenografía chea de trucos e sorpresas, e, sobre todo, moito, moito humor. Ao longo de hora e cuarto, esta divertida proposta de Berrobambán fará gozar a grandes e pequenos.

Moitas máis Boas Noites

Antes de irmos a Xixón, teremos máis oportunidades de ver a obra: o 21 de decembro ás 18.30 estarán no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e o 27, ás 17.00, no Teatro Principal ourensán. Xa para xaneiro, estarán no Teatro Rosalía de Castro toda unha fin de semana: o 20, ás 17.30, e o 21 e 22, ás 11.30 (e aínda volven o 29 e 30 á mesma hora). O 27 dese mes ás 18.00 pasarán polo Pazo da Cultura de Carballo.

Abren o mes de marzo, o mesmo día 1, cunha actuación ás 18.00 no Centro Social Caixanova de Pontevedra, e péchano o 28 no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, e o 29 no Teatro Municipal do Carballiño. Para o 19 de abril estarán no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, o 2 de maio no Centro Sociocultural de San Sadurniño, e o 13 no Jofre de Ferrol. O Día das Letras chegan ao Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.

E, por se alguén aínda non veu Buh!, aínda está a tempo de achegarse o 2 e 3 de marzo ao Teatro Principal de Pontevedra.
Lara Roados Lorenzo (Prensa-Berrobambán)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información