Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Deputación de Lugo entregará o premio literario “Otero Pedrayo” 2007 a Francisco Javier Río Barja

O Salón de Plenos da Deputación de Lugo acolle o día 20 a entrega do premio literario “Otero Pedrayo” 2007 que este ano recae no humanista e xeógrafo lugués Francisco Javier Río Barja. Organizado esta edición pola institución luguesa e convocado cada ano por unha das deputacións galegas, está dotado de 30.000 euros.

O xurado destacou o traballo deste académico da Lingua Galega e da Academia das Ciencias como continuador do gran Otero Pedrayo. A entrega do premio realizarase o día 20 de decembro ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos. Ó acto están conviados máis de 100 persoas entre as que se atopan o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a Presidenta do Parlamento de Galicia, María Dolores Villariño, a Conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, membros da Corporación Provincial, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, ademais doutras personalidades políticas, das artes, das letras e das ciencias de Galicia.

Con este premio preténdese resaltar a figura e obra deste literato contribuíndo ó mesmo tempo á exaltación da cultura galega promocionando os seus valores e ós escritores que traballan pola defensa da nosa cultura.

Vida e Obra

Discípulo e compañeiro de Otero Pedrayo, Francisco Javier Río Barja é continuador da teoría xeográfica humanista do escritor ourensán. Naceu en Lugo en 1919 e vive en Santiago de Compostela. É catedrático de Xeografía pola Universidade de Compostela. Ten estudos de Dereito, Filosofía e Letras e Xeografía e Historia.

Membro da Real Academia Galega, do Consello da Cultura Galega, da Academia de Ciencias de Galicia e do Instituto Galaico-Miñoto, foi director do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” durante os anos 1978 e 1994.

Entre os numerosos premios e distincións que ostenta destacan os Premios Galicia de Investigación, das Artes e das Letras e Castelao da Xunta de Galicia; Trasalba da Fundación Otero Pedrayo; Ramón Mourente de Periodismo, Premio do Ministerio de Información e Turismo; Premio Valle Inclán e Alfredo Brañas do Centro Galego de Bos Aires. Francisco Javier Río Barja tamén foi galardoado con un estudo sobre a Terra Chá pola Deputación de Lugo.

Da súa extensa bibliografía destacan tamén documentais sobre rexións naturais galegas realizados en colaboración con Consello da Cultura Galega e emitidos pola Televisión de Galicia. Coordinador de 5 tomos sobre “Geografía de Galicia” (Proxecto de Galicia) é tamén autor doutras publicacións como: “Bibliografía económica de Galicia” (1960); “Didáctica da xeografía” (1981); “Cartografía xurisdicional de Galicia no século XVIII” (1989); “Os ríos galegos. Estudio de morfología e réxime” (1992); “Galicia, esa descoñecida” (2001).
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información