Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Exposición: conservar para transmitir

No Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei-Lugo) permanece exposta ata o día 2 de decembro deste ano a mostra Conservar para transmitir. O Conservador restaurador de bens culturais.

O obxetivo desta exposición é dar a coñecer os traballos de conservación e restauración dos bens culturais, e concienzar ao público da importancia que teñen estes traballos para a conservación do noso patrimonio, asegurando a súa transmisión futura.

A mostra foi realizada pola Asociación de Conservadores e restauradores de bens culturais de Galicia (ARCOBENS).

A Asociación de Conservadores e Restauradores de Bens Culturais de Galicia (ARCOBENS) créase no ano 1994 para promover a conservación-restauración do noso Patrimonio Cultural. Entre os seus obxectivos figuran o recoñecemento, a defensa e a promoción
social da profesión do conservador-restaurador de bens culturais.

Integrada por titulados superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais e licenciados en Belas Artes Coa especialidade en Restauración, unha das Responsabilidades Coma profesionais é acrecentar o coñecemento que das nosas actuacións debe ter a sociedade, concienciándoa da necesidade de que existan uns técnicos, cunha formación científica e técnica precisa, encargados de velar polo mantemento dos bens culturais presentes, de xeito que persistan para o seu desfrute polas xerazóns futuras.

A consolidación deste último obxectivo é o que nos leva a presentar esta mostra divulgativa que pretende facer chegar ó gran público a necesidade e o valor de conservar o noso Patrimonio, ó tempo que dar a coñecer as actividades propias da nosa profesión.

Daquela, recóllense intervencións de conservación executadas sobre bens culturais galegos, así coma actuacións sobre diferentes materiais que reflexan a diversidade e riqueza patrimonial que nos Rodea, elementos tan recoñecibles no entorno coma unha arquitectura ó lado de obxectos que poden pasar
desparcibidos ós ollos do cidadán, coma un pequeno vidro arqueolóxico.

A itineranciada presente exposición por varios lugares da xeografía galega revela o noso intento por achegar traballos realizados por Profesionais da Conservación-restauración, uns Coma autónomos, outros que forman parte de institucións e outros
integrados en empresas; intervencións que se promoven a partires de iniciativas privadas, de encargos por parte de institucións públicas ou formando parte da actividade diaria de organismos que contan cun persoal estable de conservadores-restauradores. É tan só unha pequena achega das numerosas manifestacións nas que o traballo dun profesional da conservación permite coñecer e divulgar a historia do noso pobo, asegurando a súa transmisión futura.
Elena Varela (directora do Museo do Castro de Viladonga)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información