Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Cinemas Dixitais, circuito alternativo de exhibición de producións galegas

A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o coordinador da Axencia Audiovisual Galega, Manuel González, presentaron hoxe no CGAC un novo e alternativo circuíto de exhibición, que baixo o nome de Cinemas Dixitais ten como obxectivo achegar as producións audiovisuais galegas ás vilas de Galiza. Da comezo en Sada e Arteixo coas proxeccións de ‘A Atlántida’ e `Máis ca irmáns’ o primeiro ciclo-piloto, que achegará 13 telefilmes aos máis de sesenta concellos inscritos ate agora.

Achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais, promover as producións audiovisuais galegas e contribuír a estabilizar unha programación audiovisual nos concellos do país son as necesidades que a Consellaría de Cultura vai cubrir con este proxecto. Teatros, auditorios, bibliotecas, casas de cultura ou salóns de actos converteranse en salas de cine grazas a este nova rede de exhibición que a través do soporte dixital, DVD, vai achegar neste primeiro ciclo-piloto un total de 13 telefilmes de produción galega. Na actualidade, a Axencia Audiovisual xa está a traballar no seguinte programa, unha compilación de documentais temáticos que versarán sobre a memoria histórica, o urbanismo ou a muller.

‘A Atlántida’, ‘A Biblioteca da Iguana’, ‘Autopsia’, ‘Condenado a vivir’, ‘Entre bateas’, ‘Jalisco’, ‘Máis ca irmáns’, ‘Mentíndolle a vida’, ‘O tesouro’, ‘O partido’, ‘Pataghorobi’, ‘Sara’ e ‘Secuestrados en Xeorxia’ son os telefilmes elixidos que van percorrer un máis de 60 concellos, dos que 34 xa contan con data de proxección. Dende a Consellaría de Cultura ofertóuselle a todos os concellos a posibilidade de formar parte deste circuíto alternativo, que ten previsto achegarse a máis dun cento de localidades. Para os vindeiros programas, a Axencia Audiovisual Galega vai dirixirse tamén a asociacións, federacións e outras entidades culturais para que poidan participar nesta rede. Posuír un espazo amplo e contar con aparatos de reproducción audiovisual (DVD, altofalantes, canón de proxección ou pantalla) son os requisitos que recomenda o departamento que dirixe Ánxela Bugallo para poder participar no proxecto.

Proxectaranse os telefilmes de outubro a decembro

Desde outubro ata decembro os concellos acollerán a exhibición dos telefilmes, que foron seleccionados por contar cunha ampla presenza galega na súa produción. Neste primeiro ciclo piloto decidiuse apostar polos telefilmes, cine feito para televisión, un xénero que cada vez se está a producir máis en Galiza, e que conta cun maior respaldo da Consellaría.

Con este circuíto, a Axencia Audiovisual Galega tamén soluciona un problema recorrente ao que se enfrontaban os pequenos concellos á hora de proxectar cintas, os dereitos de autor e de programación. Para este primeiro programa, a Consellaría de Cultura xa xestionou estes dereitos coa TVG e coas produtoras correspondentes. Ademais a maior parte da produción da que se vai dispor para este proxecto corresponde a cintas que foron subvencionadas pola propia Consellaría de Cultura, o que facilita a súa programación.

Primeira experiencia deste tipo na Península

Cultura a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega, en colaboración co IGAEM, dá comezo a `Cinemas Dixitais’ como a primeira experiencia deste tipo que se desenvolve en toda a Península. Este circuíto pretende pór en contacto coa cidadanía aquelas producións que teñen en moitos casos un difícil acceso ao ámbito comercial. Así mesmo a exhibición dos telefilmes é só o comezo, ao que lle seguirán ciclos de curtametraxes, longametraxes e documentais temáticos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información