Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

I Mostra Internacional de Videocreacións do Condado: Mívico 07

O festival, organizado por Quadra Producións, nace coa intención de achegar e servir de escaparate da actualidade que vive esta disciplina tanto en Galiza como a nivel internacional.

30 vídeos experimentais, 14 curtametraxe e 5 documentais, todos a
concurso, perfilan o apartado audiovisual do MÍVICO 07, un festival que inicia a súa andaina con paso firme e cunha destacada participación e moi boa acollida por parte dos creadores, tanto nacionais como internacionais.

Nesta primeira edición recibíronse máis de sesenta traballos procedentes de Noruega, Reino Unido, Estado Unidos, Portugal, Cataluña, País Vasco e Galiza, que se exhibirán dentro dous apartados que compoñen MÍVICO 07: a sección Oficial e a denominada Zúmballe, que quere servir de escaparate de
novas propostas e tendencias do panorama audiovisual actual

A sección Zúmballe reúne 5 obras, todas elas documentais que están a recadar en festivais nacionais e internacionais o aplauso de crítica e público. Un deles é Ainda há pastores?, do director Jorge Pelícano, no que se narra o despoboamento que sofre a Serra da Estrela, noutrodía refuxio de pastores. A fita foi a gañadora da pasada edición do Play-doc de Tui.

Tamén se proxectarán dentro desta sección Crónicas de pizarra e xiz, a ultima creación de Xan Leira sobre a represión cometida contra o pobo galego a partir de 1936, JEDN de Marcos Nine e o filme de Marta Pujol Mirando el mundo al revés, no que a directora fai un repaso da traxectoria do grupo catalán Che Sudaka. Participará ademais o documental 2050. How soon is now?, de Ruth Chao e Javier Silva, gañador da última edición dos
Premios Mestre Mateo, que reflexiona sobre a problemática do cambio climático a través das voces de máximas autoridades mundiais nesta materia, recoñecidas por Nacións Unidas.

Dentro da sección oficial compiten ao redor de corenta traballos de videocreación e curtametraxes, entre eles Falling down, La gallina ciega, Cirugía, Sinfonía humana, I.T., Sorrow, El camino del espejo e Lights out.

Tres premio do xurado, un do público

O xurado, composto por profesionais destacados da videocreación e por expertos dentro do xénero, fallará tres premios: o MÍVICO 07 á Mellor Videocreación; o MÍVICO 07 á Mellor Curtametraxe e o Premio Zúmballe ao Mellor Documental.

Haberá ademais un cuarto premio, o MÍVICO 07 á Mellor Videocreación Galego-portuguesa, que votará o público. Neste último premio compiten as fitas Impressão, Calidoscopica, O mundo Magritte, Adeus literatura, X3 (This is not NY), Longo sendeiro de pedra, Carta dun domingo, O desencontro e Ecos. O fallo de xurado e público coñecerase o sábado 6 de outubro.

Dentro das actividades paralelas do MÍVICO 07, durante os días do
festival, celebraranse concertos pola noite a cargo de grupos destacados da escena galego- portuguesa en diferentes locais ponteareáns. O venres 5 é o turno de Smartini, que acturá no pub Flowers. O sábado 6 tocarán no pub Salón Parroquial os membros de Musgo.

Ademais porase en marcha o sábado 6 de a partir das 11 da mañá os talleres de música electrónica e o de creación vj en directo, a cargo de profesionais de luxo.

O festival ten en marcha a web www.mivico.blogspot.com, na que se recollen todas as novas do MÍVICO 07 así como a súa programación e as películas participantes. No apartado http://mivico.blogspot.com/2007/08/video-escolma_27.html pode verse unha escolma dos traballos seleccionados a concurso.
Mar Barros (Responsable de prensa de Mivico 07)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información