Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O CDG estrea no Salón Teatro a obra Noite de Reis

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle o venres 28 ás 21:00 horas a estrea da obra Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico
galego, Quico Cadaval, que se enfronta por primeira vez aorepertorio de Shakespeare. A montaxe, coa que a compañía pública inicia o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.

Rebeca Montero, María Bouzas, Xosé Manuel Olveira Pico e Marcos Orsi encabezan o elenco de 10 actores e actrices -Susana Dans, Víctor Mosqueira, Xan Cejudo, Marcos Correa, Borja Fernández, Simone Negrín- e no que tamén participan os músicos Bernardo Martínez, Suso Alonso e Ramón Orencio.

Prestan ademais a súa colaboración artística para a posta en escena Baltasar Patiño (espazo escénico e iluminación), Gilda Bonpresa (figurinos), Bernardo Martínez (espazo sonoro e dirección musical) e Dolores Centeno (maquillaxe). Como axudantes
de dirección exerceron Marta Lago e Rebeca Montero.

Noite de Reis foi unha das primeiras obras de Shakespeare, que se presume foi escrita entre 1599 e finais de 1601. Representouse ao comezo da Restauración mais non se imprimiu ata a súa inclusión no First Folio en 1623.

Trátase dunha comedia mediterránea sobre o amor e as tolemias e baballadas que este nos leva a facer. A acción comeza cando Sebastián e Violeta, irmáns xemelgos, naufragan ante a costa de Iliria. Violeta consegue chegar case sen vida á praia coa
axuda de Festas -bufón da corte do duque Orsino. Ela cre que Sebastián morreu. Vestida de home e facéndose pasar por un paxe novo co nome de Cesario, pasa a servir na corte do duque Orsino que está "poética, apaixonada e desesperadamente namorado" da aflixida Lady Olivia, que o rexeita continuamente. Orsino utiliza a Cesario como confidente e como mensaxeiro para declararlle o seu amor a Olivia pero Cesario - Violeta, en realidade- comeza a namorarse de Orsino mentres que Olivia, pola súa parte, se namora do mensaxeiro, que é Cesario. Namentres, Malvolio, servidor de Olivia, perseguirá o amor da súa ama e, a causa dunha confusión
amañada, crerase correspondido, producíndose unha serie de situacións hilarantes que o levaran case a entolecer. Ao mesmo tempo, Antonio, capitán de barco, consegue rescatar do mar a Sebastián. Ambos desembarcan en Iliria. A presenza de
Sebastián na cidade será o comezo do fin do enredo. Os malentendidos e cruzamentos de parellas avivados por Festas, enganando a André (burgués que tamén pretende a Olivia) e burlando a Malvolio resolveranse finalmente.

Noite de Reis. Ou o que queirades ofrecerá en Santiago cinco funcións semanais, de mércores a domingo. Os mércores e xoves ás 11.00 horas desenvolveranse as funcións para institutos. As funcións para o público xeral terán lugar ás 20.30 horas os venres e sábados, e ás 18.00 horas os domingos. As entradas poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo do espectáculo. O prezo das localidades é de 10 € para os venres e os sábados, cun desconto do 40% para estudantes, usuarios de carné xoven e maiores de 65 anos, e de 5 € para o domingo, día do espectador.

Tralas funcións en Compostela, o CDG iniciará unha xira con este espectáculo que se prolongará até o mes de xaneiro e durante a cal será escenificado en Ourense (Teatro Principal, 27 e 28 de outubro), Carballo (Pazo de Cultura, 31 de outubro), O Barco de
Valdeorras (Teatro Lauro Olmo, 9 de novembro), Ferrol (Teatro Jofre, 16 e 17 de novembro), Vigo (Centro Cultural Caixanova, 4 e 5 de decembro), Pontevedra (Pazo da Cultura, 21 de decembro), A Coruña (Teatro Rosalía de Castro, 11 e 12 de xaneiro) e Narón (Auditorio Municipal, 18 e 19 de xaneiro). Coa programación do
CDG en cada un destes concellos botará a andar o proxecto “Espazos CDG”, baixo oque se organizarán actividades promocionais para o conxunto das artes escénicas.

Ademais destas funcións, están programadas outras dez máis para institutos nas cidades de Ourense, O Barco de Valdeorras, Ferrol, Pontevedra, A Coruña e Narón. Nesta liña,O CDG elaborou un dossier pedagóxico, escrito por Miguel Vázquez Freire (Gálix), para facilitarlles ao profesorado e alumnado o traballo na clase.
Gabinete de Comunicación do Igaem - Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información