Después de la boda, gañadora da Sección Oficial da XXIX Semana de Cine de Lugo
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/despues-de-la-boda.jpg)
Non dispoñemos, polo momento, de cifras de asistentes, aínda que calculamos estarán arredor dos 10.000, sensiblemente inferiores ós dos últimos anos.
O excepcional bo tempo neste setembro, circunstancia acusada con forza polas salas comerciais lucenses, xunto coa celebración de probas deportivas de interese xeral, seguro que contribuiron a esta baixa de espectadores. Así queremos entendelo porque o entusiasmo que percibimos entre os asistentes, non diminúe senón que notamos vai en aumento.
O Alcalde de Lugo, no acto de inauguración, animounos a comezar de inmediato coa organización da XXX Semana, que terá lugar en 2008. Estamos neso xa.
Un dos temas que queremos estudiar de inmediato é a posibilidade de celebrala na segunda quincena de outubro, para ter un tempo despois das vacacións do verán para publicitar a semana e que os lucenses coñezan con antelación a programación.
Deste xeito tamén posibilitaríamos que os universitarios de fóra da cidade pudiesen asistir ás proxeccións, e neste senso coidamos poder establecer aínda máis forte vencello coa institución universitaria onde (Sala Isaac Díaz Pardo) este ano se montou a exposición dos carteis presentados a concurso.
Valorando a baixada de espectadores, que por desgracia ven ser a tónica do sector en Lugo, pero tendo moi en conta o entusiasmo e aceptación dos asistentes e a resposta dos medios informativos, afrontaremos a XXX edición con tempo e gañas, sabendo que Lugo valora un tempo de cine cando o verán rematou, como un alimento cultural para o frío tempo que vai comezar.
Gracias por todo.
Grupo Fonmiñá.
MELLOR PELICULA DA SECCIÓN OFICIAL POR VOTACION POPULAR
O público lucense elixiu a Mellor Película da Sección Oficial e dacordo cos votos emitidos, asi quedaron as películas presentadas:
1). DESPUES DE LA BODA (156 votos-403 puntos) - 2,583
2). DAYS OF GLORY (131 votos-323 puntos) - 2,465
3). EL VIOLIN (127 votos-304 puntos) - 2,393
4). OFFSIDE (123 votos- 234 puntos) - 1,902
5). MI HIJO (143 votos-265 puntos) - 1,853
6). INLAND EMPIRE (80 votos-70 puntos) - 0,875
Con motivo da exposición dedicada a FRANK BRAÑA, Fonmiñá xa recibiu varias peticións para ser vista en varias ciudades galegas. Por iso a primeira vila donde se expoñerá próximamente será A Fonsagrada, terra que viu nacer ao actor.
Para maior información sobre a Semana, os seus contados, fotos e actos diversos rogamos visiten a páxina web do Festival en www.semanadecine.delugo.info
Grupo Fonmiñá