Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Inaugurada unha exposición sobre a historia da literatura infantil galega

Os alumnos de cuarto de primaria do CEIP dos Tilos participaron na inauguración da exposición Historia da Literatura Infantil Galega: Cen anos de literatura infantil instalada no ximnasio do seu centro. Durante o acto contaron cuns contacontos de luxo, os alcaldes de Brión e Teo, Xosé Luis García e Martiño Noriega. O deputado provincial e o rexedor teense leron dous contos da tradición popular en galego, O traxe novo do rei e O fillo do rei. Os alumnos de 9 anos de cuarto curso estiveron moi atentos a esta lectura dramatizada dos dous políticos.

A exposición da Deputación da Coruña está realizada en colaboración coa Editorial Galaxia e a través de doce paneis e material audiovisual realiza un repaso polos cen anos da literatura infantil en galego. A mostra está aberta en horario de mañá para os centros escolares do concello e durante a primeira semana recibirá a visita de máis de 200 escolares, sobre todo do centro dos Tilos.

O concello facilita autobuses para o traslado dos escolares dos outros centros do municipio. Unha vez na exposición a pedagoga e animadora socio-cultural Erika Parente realiza unha visita didáctica guiada de 50 minutos a cada grupo. A exposición está organizada en cinco partes ou etapas históricas: Os Fundadores (1897-1949); Os Pioneiros (1950-1975); A Normalización (1976-1989); A Consolidación (1990-2002) e, por último A Sementeira de Futuro (2003-). A mostra conta cun video de dez minutos sobre a presenza da ilustración na literatura infantil e xuvenil galega.

En función da idade dos grupos Erika realiza diferentes talleres con eles. “Mentres ós máis pequenos lles fago un contacontos, os alumnos de terceiro e cuarto realizan unha actividade de pintura rápida e os maiores participan nun xogo de preguntas que teñen que respostar buscando nos paneis da exposición” explica a guía.

A exposición está aberta ao público polas tardes de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 horas.
Cruz Devesa (Departamento de Comunicación do Concello de Teo)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información