Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Mostra bibliográfica sobre Xaquín Lorenzo Fernández Xocas no claustro alto do Colexio de Fonseca

Deste xeito, hónrase unha vida de traballo e defensa da lingua e cultura galegas, a súa contribución á normalización e codificación do galego como lingua vehicular da produción científica e mais o atesouramento de léxico tradicional e literatura popular que nos legou a través dous seus traballos etnográficos e etnolingüísticos. A mostra, que se pode visitar en horario ininterrompido de luns a venres de 8:30 a 21:30 horas, inclúe documentos bibliográficos de ‘Xocas’ nas súas facetas como autor, ilustrador e prologuista.
Xoaquín María Perfecto Lorenzo Fernández «Xocas» naceu en Ourense o 23 de xuño de 1907 no seo dunha familia de clase media con estudos e cunha fonda preocupación pola súa formación intelectual. O contacto co mundo do galeguismo prodúcese sobre todo a través do fecundo grupo ourensán da época, con Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas, co que mantivo unha estreita relación de amizade e colaboración.
A pertenza ao núcleo da intelectualidade galeguista da época afortálase, dunha banda, pola súa integración na Irmandade Nazonalista Galega liderada por Vicente Risco, e doutra, no seo compostelán do Seminario de Estudos Galegos, onde coincide cos máximos referentes intelectuais da cultura galega da época, moitos deles tamén ourensáns e mesmo pertencentes á mencionada Irmandade.
Colaborador asiduo da revísta Nós, a través da sección ‘Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galicia’ e de diversas contribucións etnográficas e antropolóxicas, participou activamente nas tarefas do Seminario de Estudos Galegos, a través da publicación Arquivos do SEG, colaborando en monografías como Vila de Calvos de Randín ou Parroquia de Velle, ou participando nos traballos para a unificación ortográfica proposta pola institución en 1933. Interrompida a actividade das revistas e institucións da República, que axudara a crear e manter, busca novas canles de publicación xunto cos vellos compañeiros que sobreviven sen se teren que exiliar, visita con asiduidade as revistas ourensás Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense e Boletín del Museo Arquológico Provincial de Orense, a compostelá Cuadernos de Estudios Gallegos, a pontevedresa Museo de Pontevedra, ou a coruñesa Boletín de la Real Academia Gallega, etc. Ademais, os seus contactos científicos no exterior danlle ocasión de publicar nos ámbitos xermánico, portugués e español ou iberoamericano. Era sobre todo un home de proxectos que acudía con presteza a participar nas distintas empresas culturais e científicas que se poñían en marcha en Galicia e sobre a lingua e cultura galegas.
Na súa obra hai dúas vertentes principais, a arqueolóxica e a etnográfica. A primeira iníciase coa catalogación dos castros de Lobeira (1931) e ten continuidade ao longo de toda a súa vida, cunha forte implicación en campañas de excavación programadas por centros de investigación ou instancias oficiais, entre as que se contan demoradas exploracións dalgúns dos xacementos máis importantes para o coñecemento dos nosos devanceiros. A súa bibliografía está salferida de importantes achegas continuadas que mostran como esta liña de investigación nunca abandonou o fulcro da súa actividade científica. A outra liña, a etnográfica, cultívaa preocupado pola progresiva perda de trazos identitarios e pola derruba do mundo tradicional galego que comeza a ser visible á súa volta. Ademais, Xaquín Lorenzo predica arreo a necesidade de indagarmos no noso pasado para sabermos quen e como somos no presente.
Cómpre salientar o volume Etnografía. Cultura material, integrado na Historia de Galicia dirixida por Otero porque constitúe un fito na bibliografía etnográfica e unha obra aínda de obrigada consulta, como o son tamén os moitos traballos dedicados ao mundo rural e mariñeiro, entre os que destacamos simbolicamente os dedicados á casa rural galega, ao carro e ás embarcacións. Nesta mesma liña cómpre lembrar o seu empeño nun programa museístico que preservase para as xeracións vindeiras o coñecemento do mundo galego tradicional: os primeiros logros viunos como director do Museo Etnográfico do Seminario de Estudos Galegos, que se instala no Colexio de Fonseca (1932), mais xa en 1976 consegue pór en marcha a fundación do Museo do Pobo Galego, que preside ata o seu pasamento.
Xaquín Lorenzo Fernández ‘Xocas’ morreu na casa familiar de Facós (Lobeira) o 22 de xullo de 1989.
Gabinete Comunicación USC

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información