Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Semana Cultural do Trasno comeza cunha xornada adicada ao medio ambiente

A Asociación Mozas e Mozos de Beluso (Bueu) preparou unha morea de actividades con entrada de balde para a Semana Cultural previa ó festival A Noite do Trasno, que se celebra o 10 e 11 de agosto no espazo natural de Cabo Udra. Tendo en conta que a protección da natureza é un dos principais valores que defende o colectivo, a primeira xornada da Semana Cultural do Trasno estará dedicada ó medio ambiente.

Deste xeito, o luns 6 de agosto, a partir das 19 horas, levarase a cabo un obradoiro de reciclaxe no parque do Concello de Bueu, onde os cativos realizarán as súas propias creacións a partir de envases reutilizados, como ‘bricks’ do leite ou os tubos de cartón do papel hixiénico. Ás 21 horas, proxectarase no Centro Social do Mar o documental de Al Gore ‘Una verdad incómoda’, que pretende concienciar á cidadanía sobre as consecuencias do cambio climático.

A Semana Cultural do Trasno continuará o martes 7 coa actuación do mago Tachán, que volverá deixar abraiados a nenos e maiores cos seus trucos ás 19 horas no chiringo de Álvaro, situado na praia de Lagos (Beluso). Xa pola noite, a partir das nove, membros da agrupación Amigos de Johan Carballeira impartirán unha charla sobre a recuperación da memoria histórica, na Casa do Pobo de Beluso.

O mércores 8 de agosto, o mago Tachán ofrecerá un novo espectáculo ás sete da tarde, esta vez no chiringo de Pichu, na praia de Area de Bon. Ás 21 horas desenvolverase na Casa do Pobo de Beluso unha sesión de astronomía organizada xunto á asociación Sirio e, despois da charla, os asistentes dirixiranse a Cabo Udra para participar nunha observación nocturna dos astros, cos telescopios facilitados polo colectivo.

As actividades previas a A Noite do Trasno rematan o xoves día 9 cunha sesión sobre comercio xusto, en colaboración coa ONG Amarante, na que se proxectará o filme ‘China Blue’. Terá lugar na cafetería O Couto (Beluso), á partir das 21 horas.

Sendeirismo, baile e sesión vermú

Nas dúas xornadas de festival tamén se desenvolverán diversas actividades impulsadas por Mozas e Mozos. O venres 10 de agosto arrincará cunha ruta de sendeirismo por Cabo Udra, con saída ás 10.30 horas dende Chan de Esqueiros, co fin de dar a coñecer a riqueza natural deste espazo único protexido por figuras europeas como a Rede Natura 2000. Xa pola tarde, impartiranse obradoiros de baile tradicional, antes dos concertos das 22.30 horas coas bandas Los Pulseritas, Os Cempés, La Familia Iskariote e Pulpiño Viascón.

O sábado 11, celebrarase unha sesión vermú a partir das once da mañá, na que se servirán mexillóns, e actuará o grupo de música galega Ludovaina. Organizaranse tamén xogos populares e, á tardiña, distintas modalidades de obradoiros. A partir das 22.30 horas sucederanse os directos de Malas Pulgas, A Gran Treboada, El Combolinga e Zënzar. Cada noite, despois dos concertos, os Dj Lagartija e Moe prolongarán a festa ata altas horas da madrugada.

Para o domingo día 12, a Asociación Mozas e Mozos de Beluso preparou aínda un obradoiro máis, o de limpeza do contorno, co obxectivo de que os asistentes ó festival se decaten da importancia de non tirar o lixo polo chan. A organización habilitou ademais unha zona de acampada gratuíta fóra do espazo protexido de Cabo Udra e a dez minutos da área de concertos.
Carmen Novas (Gabinete de Comunicación da Asociación Mozas e Mozos de Beluso)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información