Lois Oreiro presenta o seu libro: Xallas, teoría da existencia
Presentouse no C.I.P. o libro de Lois Oreiro, Xallas, Teoría da Existencia, nun acto no que interviñeron Manuel González González –secretario da Real Academia Galega–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor, Lois Oreiro. Unha vez presentado o libro e feitas as distintas intervencións, o Grupo de Gaitas “Sementeira” de Santiago, irromperon cunha actuación que sorprendeu ó público asistente que encheu o salón de actos do Club Internacional de Prensa.A OBRA DE LOIS OREIRO
- Lois OREIRO, Xallas. Teoría da existencia, 2007. Colección VILARNOVO / Ideas e realidades.
Este libro fala dun territorio pouco coñecido, moi castigado pola emigración, os encoros e os parques eólicos. É unha viaxe literaria seguindo o percorrido dun río simbólico, enigmático e particular: o Xallas. De forma amena e cun coidado e particular estilo, o seu autor vainos introducindo e conducindo no coñecemento profundo e rigoroso desta extensa e rica comarca coruñesa, conformando un texto imprescindible para todos aqueles que queiran achegarse a un mellor entendemento da realidade de Xallas, que en certa medida pode constituír unha boa mostra da Galicia rural interior, de como podemos existir sen esvaecérmonos.
tresCtres Editores


