Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Pino celebra a Festa da Narración Oral de Galicia

O sábado 7 de xullo: ese é o día sinalado polo colectivo Tatalo e
Nova Escola Galega para celebrar a primeira edición da Festa da
Narración Oral en Arca (O Pino). A Casa da Cultura e o CPI Camiño de Santiago son os espazos onde terán lugar as diferentes actividades en sesión de mañá e tarde. Durante a noite, os bares da localidade colaboran ofrecendo nove escenarios nocturnos abertos a quen queira participar libremente. A Festa pretende convocar a todas as persoas que sintan interese pola tradición oral, é dicir, a todos aqueles que devezan polo antigo pracer de contar e escoitar historias de viva voz.

A CASA DA CULTURA E O CPI CAMIÑO DE SANTIAGO ACOLLEN CONFERENCIAS E XOGOS PARA NENOS E NENAS

A celebración comeza ás 9 da mañá cunha actividade dirixida ao
profesorado: a I Xornada sobre a oralidade para educadores/as. Os ensinantes terán ocasión de participar en dous obradoiros a cargo de Iolanda Aldrei (profesora e contacontos) e Xosé Cobas (ilustrador e deseñador), que abordarán o traballo da narración oral no ensino desde unha vertente práctica e lúdica. Xa na xornada de tarde, o actor Cándido Pazó e o escritor Xabier P. Docampo, ofreceran senllas conferencias arredor da arte da narración oral e a recuperación das formas da tradición oral.

E para os máis pequenos, nas instalacións do CPI de Camiño de Santiago ofértanse dous obradoiros: Cantacontos, a cargo deGloria
Mosquera, cantante do grupo infantil Mamacabra; e Pintacontos, a
cargo de Rodrigo Chao, deseñador e ilustrador de publicacións.

CARLOS BLANCO DARÁ INCIO AO ESPECTÁCULO COLECTIVO SUCEDIDOS NO CAMIÑO CON MÚSICA DE UGIA PEDREIRA

O acto central da Festa terá lugar na Casa da Cultura de O Pino cara ás sete da tarde. Diferentes voces levarán aos ouvidos dos
espectadores, os máis extraordinarios sucedidos. O sucedido, ou
sucedo, é unha das formas da nosa tradición oral que en palabras de Xabier Docampo: “Non consiste na simple narración de sucesos ou anécdotas, senón de algo que vai moito máis aló: son historias coa estrutura dun conto de tradición oral, que sempre se narra na forma de algo acaecido na realidade”. Un dos ingredientes básicos, común a todos os bos sucedidos, é o misterio.

Sobre o escenario estarán as historias de Carlos Blanco, Paula Carballeira, Cándido Pazó, Iolanda Aldrei e Xabier Docampo; e, cada pouco, a voz de Ugia Pedreira acompañada á zanfona por Óscar Fernández. Máis de dúas horas de contos e cantos.

PROFESIONAIS E AFECCIONADOS COMPARTIRÁN ESCENARIO NOCTURNO

Pero esta Festa non tería sentido pleno sen a programación nocturna. A partir da dez e media da noite, os bares de Arca collen o relevo da celebración e ofrecen a posibilidade de contar e escoitar historias (mellor se son sucedidos nos camiño), a calquera propio ou estraño que por alí se achegue. Os organizadores fixeron aquí un esforzo por difundir a convocatoria ata onde fose preciso: Ven contar!, din na súa web www.contocho.es Este da participación de contadores afeccionados é, quizais, o elemento máis distintivo desta festa que ten o seu referente máis coñecido na maratón de contacontos de
Guadalajara.
Organización I Festa da Narración Oral

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información