Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Inauguradas dúas novas salas do Arquivo Catedralicio de Compostela

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, inauguraron dúas novas salas do Arquivo da Catedral. A Consellaría de Cultura financiou con 100.000 euros a realización destas instalacións que amplían o espazo de traballo para o estudo e utilización do Arquivo e, en especial, mellorar os servizos para investigadores.

As dúas salas, situadas no claustro da catedral e que até o de agora eran utilizadas como almacéns, contan cunha zona de depósito e con outra deseñada para a investigación. Nas obras de acondicionamento, a Consellaría revestiu as paredes e renovou as estruturas de madeira tanto do chan como do teito; así como as instalacións eléctricas e parte do mobiliario. Tívose especial interese na recuperación dun dos teitos de madeira, que conta cunha decoración de artesa invertida.

Na visita ás novas salas a conselleira e o arcebispo estiveron acompañados polo director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, e polo Deán, José María Díaz.

Xunto á mellora das instalacións do Arquivo, a Consellaría tamén financia con 40.000 euros os labores técnicos de dúas persoas especializadas en arquivística que se encargan de organizar o arquivo e de atender ás persoas usuarias.

Así mesmo, coa colaboración do departamento que dirixe Ánxela Bugallo vénse de publicar a Guía do Arquivo da Cateral de Santiago. A elaboración deste libro, no que se empregan as normas internacionais de descrición arquivística, permitirá mellorar a busca de información no fondo do Arquivo, continuar co labor de investigación e facilitar o intercambio de datos a nivel internacional na medida en que se utilizan sistemas internacionalmente recoñecidos.

Por outra banda, a Consellaría de Cultura e o Arcebispado asinarán en breve un convenio de colaboración por valor de 15.000 euros para crear un sistema homoxéneo de descrición do Arquivo Diocesano, é dicir, o correspondente a toda a Diócese e non só á Catedral. Esta actuación forma parte dun programa de ordenación e normalización dos arquivos eclesiásticos do que tamén forman parte, entre outros, os arquivos de Tui e de Lugo.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información