Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Ferrol, sede do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

A cidade de Ferrol acollerá preto de duascentas embarcacións tradicionais da Península Ibérica e de Francia durante o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Esta celebración conta co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte, embarcada na promoción e difusión da cultura marítima e fluvial galega a través do programa NaBeira08, que está a percorrer toda a costa galega para amosar as nosas embarcacións tradicionais.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo presentou na cidade o programa de actividades do VIII Encontro, que se celebrará no peirao de Curuxeiras. Alí daranse cita as embarcacións participantes, abertas ao público e que tamén estarán despregadas na ría.

A maior manifestación de patrimonio marítimo da Península

Os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebran cada dous anos, convertéronse desde os seus inicios en 1993 na maior manifestación cultural do patrimonio marítimo e fluvial da Península Ibérica. Organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, o VIII Encontro enmárcase nun especial ambiente de pulo á cultura marítima por parte da Consellaría de Cultura e Deporte. O departamento que dirixe Ánxela Bugallo está levar por vilas e cidades de arraigada tradición marítima e fluvial a exposición Patrimonio do vento do sal: embarcacións tradicionais galegas.

Programa de actividades

Entre as actividades que terán lugar en Ferrol, figura unha selección de exposicións e información sobre asociacións e museos galegos, portugueses, asturianos, vascos e bretóns unidos polo seu traballo a prol da cultura marítima e fluvial. Ademais, realizaranse obradoiros destinados tanto a nenos coma a maiores, a través dos que coñecer de preto os traballos das redeiras, dos cesteiros, dos modelistas navais e doutros oficios vencellados ao mundo do mar.

Unha das novidades a ter en conta neste evento será a realización de xornadas técnicas, que versarán sobre a creación dun novo marco normativo para as embarcacións tradicionais e clásicas. O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer o estado actual de uso e de protección xurídica das embarcacións tradicionais e clásicas, así como establecer liñas de traballo para o futuro de cara a elaborar un novo marco normativo común a nivel europeo para a conservación e catalogación das mesmas. Estas xornadas desenvolveranse a bordo do Hidria II, un antigo alxibe que durante o ano 2006 percorreu a costa galega dentro das actividades do Ano da Memoria da Consellaría de Cultura e Deporte.

Subir a bordo de embarcacións tradicionais

O Encontro servirá tamén para volver o ollar sobre a navegación clásica e tradicional, a través de visitas guiadas sobre diferentes tipoloxías de barcos. Así mesmo, as persoas visitantes tamén poderán embarcarse a bordo dos buques clásicos ou ben nos botes de pasaxe da ría de Ferrol durante as regatas que se celebren

O Encontro estará amenizado durante os catro días por música tradicional, a cargo de grupos como Malvela, Viravolta, o Real Coro Toxos e Froles ou o grupo Os Raparigos. Desenvolverase tamén un ciclo de cine do Mar e desfiles de embarcacións tradicionais.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información